Inzar

Aconteceu na autovía de Vigo a Ourense ao paso por Ribadavia. Conducía eu e meu pai ía ao meu carón. El xa pasaba dos oitenta anos e guiábame cara Velle porque me quería amosar – sen máis tardar – os seus predios. Eu levaba un GPS comodado por un cliente do despacho, piloto de aviación. […]

Marcos Valcárcel

Os nosos avós foron paisanos e despois veciños nun Ervedelo que hoxe non recoñecerían. Nunca falei moito con el, pero si intercambiamos verbas escritas. Foi un home elegante e xeneroso. E a amabilidade nunca lle impidiu ser firme nas súas conviccións. Durante moitos meses eu, intimamente e cada vez que escribía algo neste blog, pensaba […]

BNG e Evelyn Waugh

Un amigo meu contoume que hai anos fora simpatizante do BNG. Despois convidárono a se facer militante, e durante unha tempada viviu os días de viño e rosas. Agora só milita, pero non simpatiza. Que está a agardar a oportunidade para liscar. Un amigo meu colleu as verbas de Evelyn Waugh en “Retorno a Brideshead” […]

Poema dos ollos da amada

Qué linda esta poesía de Vinicius de Moraes: Oh, minha amadaQue olhos os teus São cais noturnosCheios de adeusSão docas mansasTrilhando luzesQue brilham longeLonge nos breus Oh, minha amadaQue olhos os teus Quanto mistérioNos olhos teusQuantos saveirosQuantos naviosQuantos naufrágiosNos olhos teus Oh, minha amadaQue olhos os teus Se Deus houveraFizera-os DeusPois não os fizeraQuem não […]

Pérdense as que van polo aire

Nun periodo moi curto de tempo ( vitalmente falando ) acaecéronme tantas mudanzas que voltearon a vida ( mesmo 360 grados, curioso ) de tal xeito que teño que parar e ver onde estou.Deixei unha profesión liberal para ter que voltar a ela en non moito tempo. No ínterin estiven tentando ( e conseguindo ) […]

Casablanca

Despois de moito, moito tempo, volvo ver Casablanca. Comprendo porque ninguén se lembra de Paul Henreid e porén todos admiramos a Bogart ou a Ingrid Bergman.Esta vez véxoa en versión orixinal subtitulada ao galego, e asómbrame comprobar como a pesares da súa accidentada rodaxe a película non perdeu actualidade.O que mais me gusta son os […]

Día da muller e Pactos da Moncloa

Onte foi conmemorado o Día Internacional da Muller. Lamentablemente aínda hai abondosos motivos para seguir nese tipo de lembranzas. De tódolos xeitos sería inxusto non recoñecer os pasos adiantes acadados nos últimos anos, sobranceiros non pola súa evidente xustiza senón polo nivel tan ínfimo de onde partían.Relaciono iso cos Pactos da Moncloa, os “acordos económicos […]

Canto tempo

Canto tempo que, sen estar esquecido, estivo suspenso este caderno virtual. Apetece retomar a escrita, e seguro que devagariño, ímolo conquerir.Na mente varios temas: un obituario moi triste do mais admirado compañeiro do blogomillo, a crítica positiva dunha película con recendo a Lugo, a homenaxe a Don Paco… Lereime de contado.Vale.

Shell Oil Junior

Tras unhas gafas de pasta e aspecto inocente o pícaro Joe, convertido en Shell Oil Junior, conseguía o mais prezado dos tesouros: Sugar Kane Kowalczyk. Tamén recoñeceu, convertido en Antonino, que o seu padal gostaba por igual das ostras e dos caracois.Traballou moito, mesmo de vello, pero lembraremos a súa etapa gloriosa, magnífica.

Carlos Elordi

Xa non se escoita a Carlos Elordi nas mañás radiofónicas da SER. Mágoa. Irei na súa procura por onde esté porque no medio do barullo indocumentado tan frecuente a súa voz era un oasis de sensatez.