35 anos e o himno galego

Xa o lembrei outra vez no ano 2006. Pero como hoxe cúmprense exactamente 35 anos daquilo cómpre voltar. O segundo partido do Mundial 82 celebrouse na Sede de Balaídos, en Vigo, e enfrontou ás seleccións de Italia con Polonia. En Galicia houbo dous estadios mundialistas, a Sede de Balaídos, onde xogou os seus tres partidos […]

Esperanza ou tristeza

Non me resigno á tristeza. Quero pensar que mañá pola noite, ao peche dos colexios electorais, haberá alegría nas alamedas, esperanza nas facianas. Que medre a marea. Unha marea viva.

Atlético e Bayern

Hoxe no serán o Atlético de Madrid e máis o Bayern de Münich xogarán o seu terceiro partido oficial. Teño a fortuna de dicir que vin – naquela vella televisión en branco e negro – os dous primeiros. Tería que revisar as bases de datos porque agora non estou certo de se o Céltic de […]

Na morte dunha amiga

María José era unha muller intelixente, sensible e, ao meu parecer, guapa. Tiña todas as posibilidades para ser unha moza feliz, ou cando menos, estar leda case todo o tempo. Porén, tiña un ollar triste e o seu comportamento amosaba un desvalimento e unha falta de enerxía que resultaba contradictorio coas súas potencialidades. Ás veces […]

Pes nús

Hoxe hai dezasete anos tamén foi sábado. Lémbrome ben porque nunca xoguei ao xadrez tan ben como aquela noite, no Atlántico, na mesa do medio, entre unha ducia de xogadores que agardaban de pe, e o ruído de trinta clientes e o fume do tabaco e a boa música un chisco alta. Nunca xoguei tan […]

El País Galicia. Acto reivindicativo.

Hoxe convidáronme a dicir unhas palabras no acto reivindicativo a prol do cuadernillo de El País Galicia, representando aos lectores. Este foi o meu texto: Isto é un acto reivindicativo. Reivindicar significa “reclamar a cousa que é nosa”. Porque o cuadernillo de El País Galicia non é só dos excelentes profesionais que o elaboran – […]

Luna na Gran Vía

Hoxe en “El País” lin unha entrevista a Claramunt. Cando eu souben del xa era un veterán, e a penas lembro nada do seu xogo. Creo lembrar que había outro xogador co mesmo apelido, probablemente o seu irmán, polo que un levaba o engadido de “primeiro” e o outro o de “segundo”.Se Claramunt fica indeleble […]

Oso Yogui

Algúns dos mellores ratos da infancia débollos ao Oso Yogui e ao seu colega Bubú. Quen nos dera eses debuxos, ou otros semellantes, na televisión actual. Hai uns días volvín saber de Yogui por mor do pasamento dun dos seus creadores. Troco, aparentemente, de tema: Coñecín a Nicola Lococo en Donosti no ano 1993, cando […]

Ciclismo

Escoito que se recupera a proba ciclista dos Tres días da Ascensión en Compostela. Boa nova. Como a magnífica idea desenvolvida por Santiago Domínguez e Valeri Karpin do equipo profesional galego de ciclismo.Agora so falta volver sentir nas costas do Castro de Vigo o cansazo dos ciclistas como hai anos, cando os nenos fincabamos ao […]