Ciclismo

Escoito que se recupera a proba ciclista dos Tres días da Ascensión en Compostela. Boa nova. Como a magnífica idea desenvolvida por Santiago Domínguez e Valeri Karpin do equipo profesional galego de ciclismo.Agora so falta volver sentir nas costas do Castro de Vigo o cansazo dos ciclistas como hai anos, cando os nenos fincabamos ao […]

Deja vu

Hoxe volvo agradecer á Radio Galega os bos ratos que me fai pasar. En Galicia Primeira Hora non só se pode escoitar a retranca velenosa ( inconsciente ou non ) de Fernando Ónega refiríndose a Rajoy, senón tamén opinións sensatas, e de sobremesa un pequeno espazo humorístico que me transporta ao segundo curso da E.X.B: […]

Tódalas pezas do mundo

Vía dende os magníficos Fíos invisibles convídanos Torredebabel a coñecer os nomes das pezas de xadrez en 72 idiomas.Fico agradecidísimo.

Lapsus manus

Escribindo un pequeno comentario nun excelente blog decátome posteriormente a súa publicación que incurrín nun lapsus non corrixido ao teclear: o resultado é unha verba similar á desexada, semellante a súa equivalente castelá, pero cun contido interior explícitamente sexual. Cando cheguei a Compostela e vivía de aluguer na rúa Santiago de Chile co amigo que […]

A pelota vasca

Onte pola noite, canso pero ilusionado, decido remexer a videoteca na procura de algo interesante para pasar o tempo. Atopo “A pelota vasca; a pel contra a pedra”, do palindrómico Medem. E non gasto o tempo, senón que o aproveito.É un documental absolutamente necesario nos tempos que vivimos, honesto, intelixente, valente. Coincido cos seus plantexamentos […]

Seu

Logo de moitos anos sen entrar, volvo á cafetería “Club Universidade”, coñecida aínda agora cun nome de ecos falanxistas: SEU. Como está diante da Facultade de Dereito, durante un tempo fun cliente habitual, e alí almorzaba bocadillos quentes de xamón york e queixo. O mobiliario trocou completamente, pero nunha parede segue a mesma foto que […]

Olladas

O neno da foto principiaba a ollar o mundo. Tratábase da foto que acreditaba a familia como numerosa. Agora que o neno daquela creceu e se convirtiu no que agora eu son, miro para atrás e para diante; como hoxe mesmo que en media hora pasei de estar cos meus dous nenos pequenos a estares […]

O clero na literatura popular galega

Un pequeno libro magnífico que hai máis de vinte anos estivera na casa dos meus pais, e despois desapareceu, cecais no faiado logo dunha mudanza ou na casa dalgún irmán.Recollía pequenas cantigas e poemas do noso país onde os protagonistas eran os cregos, frades e monxas. Tíñalle eu moito cariño, non só polas picardías dos […]

Bobby Fischer

Na columna xadrecística de hoxe do xornal “El País” coméntase que Bobby Fischer, o undécimo campión do mundo, vive exiliado en Islandia, lugar que o viu proclamarse campión na polémica final na que derrotou a Boris Spassky.Coincídeme isto co feito que o magnífico libro que teño esta semana nas miñas mans é o cuarto volume […]