Poema dos ollos da amada

Qué linda esta poesía de Vinicius de Moraes: Oh, minha amadaQue olhos os teus São cais noturnosCheios de adeusSão docas mansasTrilhando luzesQue brilham longeLonge nos breus Oh, minha amadaQue olhos os teus Quanto mistérioNos olhos teusQuantos saveirosQuantos naviosQuantos naufrágiosNos olhos teus Oh, minha amadaQue olhos os teus Se Deus houveraFizera-os DeusPois não os fizeraQuem não […]

Palabras para Julia

A pasada noite actuou en Vigo Paco Ibañez: exemplo digno das cousas mais importantes.Cando escoito da súa voz como canta o poema de José Agustín Goytisolo: “Palabras para Julia”, non sei por que, pero asómanseme pequenas bágoas baixo as pálpebras. Nota persoal: O día das vodas de ouro dos meus pais e tíos (das seis […]

30 anos sen Celso Emilio

Las Acacias: colexio feminino do Opus Dei, hoxe ben felices porque o inefábel Jesús Vázquez – o aínda Conselleiro de Alberto Núñez-, tivo a ben regalarlles cartos de todos nós por non se sabe ben que méritos se os houber. Las Acacias, dicía, tiveron o seu aposentamento en instalacións sitas entre a rúa Taboada Leal […]

Hoxe, un poema

Hoxe presta a poesía de Celso Emilio Ferreiro: Olla meu irmao honradoo que acontece con Daniel,os que o tiñan desterradoagora falan ben del. O palurdo de alma lerdao tendeiro desertor,o vinculeiro da merdadisfrazado de señor. O lurdo carca refritoo monifate de entroido,o aprendiz de señoritomarqués de quero e non poido. O badoco endomingadoo franquista pousafol,o […]

Centenario de Aquilino Iglesia Alvariño

Nunha cena de amigos Quero contar un por un meus amigoscomo se contan os mollos de trigo.Como se contan os mollos nas airasquero contar os meus bos camaradas.Quero contalos e recontaloscomo recontan os probes os cartos. Quero contalos nas arcas da ialmacomo reconta os seus bes a calandra.Quero contalos nas nenas dos olloscomo contámo-los intres […]

Pimentel

“Ti sabes que todos os díashai un home morto na cuneta,que ninguén coñece aínda.Unha muller sobre o cadáver do seu homechora.Chove.¡Negra sombra, negra sombra!Eu ben sei que hai un misterio na nosa terra,mais alá da néboa,mais alá do mar,mais alá da chuvia,máis alá do bosque.” Hoxe cúmprense cincoenta anos da morte de Luís Pimentel.

Vigo, de Helena de Carlos

Agradézolle a Mon Serodio a recomendación que me fixo hai poucos meses sobre a poesía de Helena de Carlos. Dicía ela que algúns dos seus poemas fixéronlle emocionar.Con tan xeneroso convite achegueime á Libraría Couceiro e merquei “Vigo”.Magnífico poemario, que tamén a min me retrotrae a tempos que xa van indo vellos, con arrecendos de […]

Álvarez

A poesía tamén se aprende na casa porque o ritmo de“SombrasDentes de serra,lingua de lata,bico de rata…” de Xosé María Álvarez fillo, de seguro que provén do pai: “O año pitañovai no paraño.A cabuxa luxamarchou onda a bruxa.O gato cegatofuxiu ao burato…” Perdín a aposta, pero a escolla para o Día das Letras é excelente.

Opcións: poesía.

Na véspera do día das letras galegas deste ano, na “Crónica” da Radio Galega, o seu director Tino Santiago facía unha interesante entrevista ao xornalista, coordinador de Protexta, Xabier Cid. Interesante máis polas respostas ( epatantes, sorprendentes ) que polas preguntas. Ao cabo, e coñecendo as súas dotes adivinatorias, Cid respostou que apostaría que no […]