Listaxes de películas

Gracias á mudanza achei pequenos tesouros esquecidos aos que voltaremos con máis vagar.No medio do rebumbio apareceu unha libretiña onde tiña escritas as respostas que hai uns anos depuxeron uns amigos a un simple inquérito: digan as súas dez películas favoritas.Tras unha leve edición e actualización, alí van: Lista de películas. 1. Autor: Funcionario dos […]

Berlín oriental

Outra vez, onte, volveron botar na televisión a estupenda “Good bye, Lenin” de Wolfgang Becker, co magnífico Daniel Brühl e a namorable Chulpan Khamatova.As primeiras recomendacións que tiven desta película chegaron de R. e L. ( comprometidos a me enviar unhas fotos de Berlín: aínda agardo) cando iniciabamos unha viaxe a Salamanca.Ao remate onte da […]

Javier Bardem

Levei unha boa alegría o outro día cando lle deron o Oscar a un tipo que me parece honesto e coherente, e un excelentísimo actor, capaz de se transformar completamente en calquer persoa que poida imaxinar se está detrás un bo guión e unha precisa dirección.Di o imdb que o primeiro papel como actor de […]

Ópera Prima

O mellor xadrecista galego contemporáneo dos últimos anos (aínda que nado en Madrid) regálame a primeira película de Fernando Trueba. É Matías un dos meus personaxes favoritos de ficción: cámpanlle ben esas cirolas longas que loce segundos antes de se deitar – sen deixar de falar – coa rapaza bohemia. Obra notable para ser a […]

A febre do xadrez

Agradezo a Hipatia a ligazón que me levou a ver por vez primeira a película de Pudovkin “A febre do xadrez”. Nela participa activamente D. José, o xenio do xadrez: o cubano Capablanca.Por certo, qué cara de felicidade leva a rapaza despois de saír do coche do primeiro play-boy xadrecista ( Contan as lendas que […]

Plácido

No momento de escribir estas liñas poñen na 2 unha obra mestra do cine: “Plácido”.Niso das listas escribir é errar, porque o que pensas agora pode ser distinto dentro de cinco minutos: Cavilo eu que de faceres unha lista das melllores películas do cine español sen dúbida terían que estar presentes nos outeiros a devandita […]

8 cousas ( películas )

Agradecendo a Arume e Mario o convite, coido que o xeito máis orixinal ( e non é moito ) de resposta pode ser mediante películas que fican na miña memoria. 1: “O Compromiso”. “The arrangement” Tentativa de suicidio, adulterio. Esta segunda non é agora delicto, pero aínda eu me lembro lonxanamente dun serán da transición […]