Shell Oil Junior

Tras unhas gafas de pasta e aspecto inocente o pícaro Joe, convertido en Shell Oil Junior, conseguía o mais prezado dos tesouros: Sugar Kane Kowalczyk. Tamén recoñeceu, convertido en Antonino, que o seu padal gostaba por igual das ostras e dos caracois.Traballou moito, mesmo de vello, pero lembraremos a súa etapa gloriosa, magnífica.

María Z.

Non sei por qué me lembro tanto dela nestes días de inverno. Posiblemente porque xa van dez anos, creo. Entereime por casualidade, lendo as últimas páxinas do Faro na cafetería que está enfronte de Follas Novas, na esquina, perto da Praza Roxa, unha tarde antes de ir traballar. Nunha familia numerosísima era a irmá maior […]

Conto de inverno

Entérome da morte de Eric Rohmer vía internet. (Para que logo digan que non é medio de comunicación). As súas películas parecíanme marabillosas polo sinxelas que parecían, pola humanidade que amosaban; e todos sabemos o difícil que resulta que unha obra artística semelle doada. Fican as súas películas.

Na morte de Robert Lafont

Entérome vía blog de Antón Baamonde, despois ratificado na rapidísima wikipedia, da morte de Robert Lafont: O autor daquel concepto de grande suceso a finais dos anos sesenta: colonialismo interior, no que se baseou Xosé Manuel Beiras para crear o mítico: “O atraso económico de Galicia“.Se ben eu son doutra xeración tamén fun pillado pola […]

Thomas Cavanaugh

O crego Thomas Cavanaugh fora o párroco do Presidente dos Estados Unidos desde cando éste era a penas un rapazolo e vivía na casa familiar. Mantiveran a relación ao tempo que Josiah Bartlet medraba, estudaba na universidade e se convertira nun prestixioso economista, mesmo cando lle deron o Premio Nobel. Xa na Casa Branca, unha […]

Ortiz

Entérome da morte de Javier Ortiz xusto antes de xantar, ás tres da tarde, cando o amigo B. ofréceme as súas condolencias polo que sabe vai ser do meu desagrado. Entristéceme o día enteiro, e o chegar a casa á noitiña, mentres o Barcelona non é capaz de furar a arañeira do Chelsea, pescudo na […]

Paisaxes na cidade

Ademáis do skyline das cidades; que tan ben se poden ollar ás chegadas a elas, dende a autoestrada cara Compostela, dende Puxeiros cara Vigo, dende O Viso cara Ourense; e ademáis da textura das rúas e das zonas verdes de cada urbe, unha característica importantísima de cada cidade son as súas xentes.Hai persoas que pola […]

Xesús

Non o coñecín, pero faláronme moito e ben del nos últimos tempos. Especialmente miña compañeira, que foi varias veces por motivos profesionais a súa casa nestes derradeiros meses seus e que voltaba impresionada pola súa personalidade, entereza e intelixencia. Un día ela apareceu cun agasallo seu: un libro agarimosamente adicado e que dende onte, lamentablemente, […]