Carlos Elordi

Xa non se escoita a Carlos Elordi nas mañás radiofónicas da SER. Mágoa. Irei na súa procura por onde esté porque no medio do barullo indocumentado tan frecuente a súa voz era un oasis de sensatez.

Xornalismo de nivel

Hoxe un xornal deportivo catalán titula a súa portada cunha grande tipografía: “Cesc firmará” , mentres que en letra máis pequena a nova continuaba “una carta pidiendo su traspaso al Barça”.Vellos trucos dignos de saír naquel espazo de Juanjo de la Iglesia sobre ética xornalística en CQC.Pupilos daquela noticia do xornal “Última Hora” mallorquín que […]

Ponte

Descoñezo todo de José Manuel Ponte, agás que é o pai dunha guapa modelo, e que escribe de marabilla. Un exemplo.Causas para ler o Faro: Buscar os artigos deste Ponte, de Ferrín, de Millás e de Armando Álvarez (hai anos, os de Rolland); as esquelas (Deus, que vello me estou facendo) e os deportes. Ah, […]

(In) fusión

Para facer unha infusión a auga ten que ferver, e a boa fe que arestora ferve. Dous estilos ben diferentes de xornalismo. Xornalismo? De tódolos xeitos, entre Roberto Blanco Valdés ( pódese trocar o nome por tantos outros do mesmo xornal) e Ceferino de Blas, prefiro a éste último. Prefiro que non me anden con […]

Lectura obrigada

Coronoume ler nun xornal o artigo perfecto: veraz, lúcido e elegante. O autor adoita facer cousas semellantes de calidade, pero este é de lectura obrigada: atento ao tempo, o día antes do remate da recollida da enquisa calote.Cando o barullo destes días amaine previa á tormenta definitiva preguntarémonos: “canta estupidez podemos aturar?” E mentres, os […]

Xurxo e Xusto

Hoxe puxen a radio ao subir ao coche e non estaba Xurxo senón Xusto. Sentín unha pena infinita. Xurxo Souto foi durante estes anos un excelente profesional: xenerosísimo e entusiasta. Xenerosísimo e leal. Xenerosísimo e ameno e divertido.Áchoo xa de menos.Pero non hai mal que dure máis de catro anos. Seguro. Vamos em frente e […]

O Xinete Pálido soterrou a Caixa Negra

Hai 35 minutos debería ter empezado o programa da Televisión de Galicia “A Caixa Negra”, que ía lembrar hoxe o acaecido hai algúns anos co asunto das “vacas locas”. No canto dela enche a pantalla Clint Eastwood, facendo de Xinete Pálido.Pregunta retórica: terá algo que ver co troco de programación o feito de que tomou […]

“E incluso chegando as 300 persoas”

Escoitado ás 12:00 horas do domingo 17 de maio, no informativo da Radio Galega. Naquel intre eu estaba pasando pola peaxe da autoestrada, cincoenta coches, aproximadamente, retidos. “Pois xa empeza esto a estar bastante animado. Xa son máis de duascentas , e incluso chegando ás trescentas persoas as que se están concentrando nesta alameda compostelá, […]

Do prestixio

O prestixio profesional é cousa ben delicada. Trabállase durante anos e esforzo, pérdese nunha hora desgraciada. O prestixio é cousa tanto de persoas coma de empresas. Cando se perde adoita non ser recuperable.Cando era eu moi neno a auga mineral máis importante de España, con moita diferenza, era “Agua de Solares”. Agora non existe pegada […]

Saída

A flexibilidade da teoría do paisano ( dúas veces ) de Kennedy, Albert Otto Hirschmann da “saída, voz e lealdade”, implica que poida aplicarse non só a estructuras institucionais ou empresariais senón a case tódolos colectivos de persoas que comparten, aínda que sexa durante un pequeno intre, un mesmo obxectivo común.É probable que ese esquema […]