Horas posteriores

Dicía onte que pensaba que hoxe íame deitar ledo. Aínda dáballe creto a vellas verbas: memoria, lealdade… Que pouquiño sabedes.Contáronme hai moi pouco a historia. Eu non a coñecía: vivía lonxe de Compostela, física e mentalmente, estudando o bacharelato. Seica no 1984 houbo tres candidatos a reitor da Universidade galega. O conservador Miguel Ángel Ríos, […]

Horas previas

Escoitei aos outros dicir que estaba xa feito. Sentín a unha das nosas razoar o seu pesimismo, mentres que un dos nosos entregaba os cálculos do seu optimismo. Os máis curtidos dicían: empate agora, hai partido.Dos cinco que perderon o 5 de maio, catro recibiron votos progresistas. Resístome a crer que vaian escoller a opción […]

Universidade de Vigo

Cando eu era mozo, ( non hai tanto tempo, creo) puxéranse de moda uns autocolantes nos cristais traseiros dos coches de Vigo que sobre un debuxo da Ponte de Rande dicían algo como: “por unha universidade para o Sur de Galicia”. Dato importante: para o Sur de Galicia, enténdese para as provincias meridionais, sen capitalizar […]

Unha educación europea

Na miña infancia, antes da adolescencia, lin un libro que me impresionou moitísimo e que nunca volvín reler de adulto: “Unha educación europea” de Romain Gary.Nárrase a triste historia dos partisanos polacos na Segunda Guerra Mundial, particularizada nun rapazolo que descobre de vez a crueldade e estupidez dos adultos e ao tempo aínda conserva a […]

Fonseca, actualización

Retomo o fío do exposto sobre o futuro Premio Fonseca.A vantaxe de ser de letras é que non estás sobreinfluído polos teus coñecementos, e neste caso, que se valora a divulgación, a opinión dos legos é tan importante coma a dos expertos.Aproveito o consello de Benxa para sacarlle puntos a Lynn Margulis, segundo el demasiado […]

Premio Fonseca

A primeira edición do Premio Fonseca, instituido pola Universidade de Santiago de Compostela foi todo un exitazo: Stephen Hawking converteuse nun acontecemento social con repercusión en todo o Estado.Os meus maiores parabéns ao eficaz profesor Jorge Mira.Superar – igualar – o acontecido na primeira edición vai ser imposible, pero teño curiosidade por saber quen vai […]

Un Reitor para un País

No salón de actos da Facultade de Veterinaria de Lugo está aberta estes días unha excelente exposición sobre un dos rectores máis importantes e á vez máis descoñecidos da historia da USC: Alejandro Rodríguez Cadarso, médico e político, morto en accidente de circulación en Lubián en 1933 cando ía ao Congreso dos Diputados en Madrid.A […]