Auto predición. Aposta.

Despois de ler os inquéritos publicados e repasar o histórico das eleicións do 2001, 2005 e 2009 fixen unha simulación cos seguintes datos: Se baixa un chisco a participación ( menos residentes ausentes e bolsa de indecisos notables ), e contando cun mínimo retroceso para o PP, un medio retroceso para o PSOE, un mínimo […]

Inzar

Aconteceu na autovía de Vigo a Ourense ao paso por Ribadavia. Conducía eu e meu pai ía ao meu carón. El xa pasaba dos oitenta anos e guiábame cara Velle porque me quería amosar – sen máis tardar – os seus predios. Eu levaba un GPS comodado por un cliente do despacho, piloto de aviación. […]

BNG e Evelyn Waugh

Un amigo meu contoume que hai anos fora simpatizante do BNG. Despois convidárono a se facer militante, e durante unha tempada viviu os días de viño e rosas. Agora só milita, pero non simpatiza. Que está a agardar a oportunidade para liscar. Un amigo meu colleu as verbas de Evelyn Waugh en “Retorno a Brideshead” […]

Comentario de texto

Padezo soños recorrentes nos que me notifican o suspenso na Selectividade por sacar un cero no exame de Física. De nada valen as miñas protestas aducindo que eu escollín a opción de letras e que por conseguinte non tiña porque me examinar de tan misteriosas materias.Mágoa de que o tribunal examinador non se fixara con […]

Asesoramento xurídico de balde

Congratúlome ao comprobar como unha parte dos meus impostos adícanse ao asesoramento xurídico de balde a favor das persoas que non teñen recursos económicos suficientes para poder afrontar o custe dun avogado. Descoñecía que tal graza fora estensible ás persoas xurídicas, pero está visto que si, á luz deste excelente documento que exhibe Ignacio Escolar, […]

(In) fusión

Para facer unha infusión a auga ten que ferver, e a boa fe que arestora ferve. Dous estilos ben diferentes de xornalismo. Xornalismo? De tódolos xeitos, entre Roberto Blanco Valdés ( pódese trocar o nome por tantos outros do mesmo xornal) e Ceferino de Blas, prefiro a éste último. Prefiro que non me anden con […]

Queremos Selección

Eu quero que as Seleccións galegas xoguen neste Nadal. E a máis representativa ( que non a única ), a masculina de fútbol, de primeira.Escoito a primeira hora da mañá un ruxe ruxe: vanlle pedir a Fernando Vázquez que dirixa a Selección. Equipo convidado: Serbia.Magnífico.Estou disposto a pagar 25 ou 30 euros ( por dicir […]

Socórramme em MarrocoS

Vexo que xa hai movementos en redes sociais suxerindo o Premio Nobel da Paz do ano 2010 para Aminetou Haidar. Requisito imprescindible para o conquerir seica é estar vivo, e a folga de fame da saharaui está sendo moi prolongada no tempo e non semella que estemos en escenarios favorables para o seu cese.Como non […]

(Con) fusión

Escoito na radio, perplexo primeiro e indignado despois, as verbas de Alberto Núñez, presidente de Galicia, que sinala que a responsabilidade do que resulte do problema das caixas de aforro galegas será de tódolos axentes sociais implicados. Ese xeito de escorrer o vulto, de non querer asumir os custes das decisións que por causa do […]