Farmacias. Ética

Aproveito un post de Ana Bande para falar dun asunto pendente: Ética.Ética en canto sistema moral útil para tomar decisións na vida cotiá.Hai cinco anos e medio e por mor dunha grave enfermidade dun neno dun ano de idade acudín moitas veces nun par de días ás farmacias da miña contorna. Había dúas a distancia […]

O Marqués da Ensenada en Velle

No rebumbio da mudanza pérdense obxectos pero tamén áchanse documentos que xa contabamos definitivamente perdidos. Eis o caso dos meus apuntes tomados hai uns anos sobre o Catastro do Marqués da Ensenada feito en Velle, datado o 26 de marzo de 1753.O que está escrito nos folios é o seguinte “Interrogatorio a que han de […]

Amigos e enemigos

Laura Caveiro é unha escritora en lingua galega. Cando tiña dezasete anos era a única persoa da súa clase de COU que falaba decote en galego, e facíao ao seu xesto, con humildade pero cunha pacífica férrea convicción. Hai unha avogada en Compostela que fisicamente ten notable semellanza coa Laura Caveiro avogada en Vigo, se […]

Consello de Gracián

Baltasar Gracián deixou dito que en tempos de tribulación non se debe facer mudanza.Poia nesas andamos estes días, movendo caixas, achando papeis perdidos, decatándonos que nunha casa fican moitas máis cousas das que un podería pensar – e moitas delas ben inútiles.Aproveitarei a circunstancia para facer limpeza. E cando teñamos cartos suficientes quixera facer unha […]

Ménage à trois

É probable que no decurso da vida ésta che regale algún presente solicitado anos atrás. Supoño eu que esa podería ser unha explicación.Non lembro o momento, de tal existires, onde eu pedín o desexo de non morrer sen ter practicado un ménage à trois. Calculo eu que cecais a altas horas da noite, no Maycar, […]

Once na aldea

Onte foi un día inesperadamente sobresaltado, que obrigou a chamadas intempestivas alén do mediterráneo e viaxes imprevistas cara o que fora no seu momento publicitado como o edificio máis alto do Estado. Na noitiña, xa na aldea, agardando que o tempo ao pasar vaia decidindo a vida, volvo distraer a cabeza co xogo dos once […]

Once libros

Vou preparar unha mudanza, e xa sei que aparecerán cousas inútiles, outras aparentemente desaparecidas, e dende logo, o volume a mover será inmesurablemente superior a calquer estimación prevista.Antes de tocar os libros, fago un xogo, no fío do comentado por Punset de que para coñecer unha persoa podes ollar a súa biblioteca. Este experimento ten […]