Inmunda escoria

En pouco tempo este libro de Ricardo Gurriarán converterase en imprescindíbel para aqueles que queiran coñecer a intrahistoria universitaria galega nos anos do franquismo. Ben narrado e mellor documentado, é o complemento necesario do catálogo da exposición “Do Gaudeamus Igitur ao Venceremos Nós” que o propio Gurriarán comisariou, haberá ano e medio, organizado pola Vicerreitoría […]

Murcia. Periplos galaicos

O Murcia volveu por Vigo para empatar ao Celta na derradeira xogada do partido. A etapa Eusebio está sendo triste.Xustamente o Murcia tivo o bo gusto de escoller Mondariz Balneario o pasado mes de agosto para facer a pretemporada.Mondariz Balneario adoita ser escollido sempre por algún equipo: en anos anteriores fora o Elxe. Ben, o […]

Consellos de Leonardo da Vinci sobre protocolo

“Non se sentará ningún convidado sobre a mesa, nin de costas á mesa, nin sobre o colo doutro convidado.Tampouco porá a perna sobre a mesa.Tampouco sentará baixo a mesa en ningún momento.Non debe pór a cabeza sobre o prato para comer.Non tomará comida do prato do seu veciño de mesa a menos que antes pedira […]

20-N

Hoxe é xoves, como hai xusto 33 anos. A noite anterior suspenderan a programación habitual de TVE ante o agravamento no estado de saúde de “Su Excelencia El Jefe del Estado” para emitir unha película: “Objetivo Birmania”, de Raoul Walsh con Errol Flinn. Durante os días anteriores fóronnos acostumando á letanía normal nestes casos: “Firmado: […]

Un historiador no banco dos acusados.

Explicábao ben o personaxe de Alan Alda na excelente “Crimes and misdemeanors” de Woody Allen: “A comedia é traxedia máis tempo”.Por conseguinte, cando o tempo pase , é posible que poidamos facer chistes coas peripecias que ultimamente ven padecendo Dionisio Pereira.Pero mentres non cheguen esos lonxanos días recoñezo que ao pensar neste asunto ( historiador […]

Escolma do cine galego

Teño que agradecer ao meu cuñado José Antonio a súa xenerosidade ofrecéndome libros e revistas de épocas pasadas pero aínda non remotas.Por exemplo a “Escolma do cine galego” editada polo Cine Club Abertal en maio de 1980 e dirixida dende a Asociación Xuvenil Abertal, que supoño non tería daquela moito tempo de vida.Colaboraban naquela revistiña, […]

Adolfo Suárez

Cando a comezos do ano 1981, Adolfo Suárez demitiu, deixou ditas unhas intelixentes verbas, que xa foron esquecidas por aqueles que agoran tentan presentarse como os seus herdeiros: “Creo que tengo la suficiente fuerza moral para que en el futuro no se recurra a la inútil descalificación global, a la visceralidad del ataque personal, porque […]

Sacco & Vanzetti

A primeira hora da mañá do 24 de decembro de 1919 o camión dunha fábrica de calzado de Bridgewater, no Estado de Massachussetts, foi atacado por dous homes: un armado cun revólver e o outro cun rifle. O feito tivo lugar na esquina das rúas Broad e Hale. O automóbil levaba a paga semanal dos […]