Pes nús

Hoxe hai dezasete anos tamén foi sábado. Lémbrome ben porque nunca xoguei ao xadrez tan ben como aquela noite, no Atlántico, na mesa do medio, entre unha ducia de xogadores que agardaban de pe, e o ruído de trinta clientes e o fume do tabaco e a boa música un chisco alta. Nunca xoguei tan […]

Inmunda escoria

En pouco tempo este libro de Ricardo Gurriarán converterase en imprescindíbel para aqueles que queiran coñecer a intrahistoria universitaria galega nos anos do franquismo. Ben narrado e mellor documentado, é o complemento necesario do catálogo da exposición “Do Gaudeamus Igitur ao Venceremos Nós” que o propio Gurriarán comisariou, haberá ano e medio, organizado pola Vicerreitoría […]

Referente moral

Nun descanso durante as xornadas que se están a desenvolver periodicamente e ata maio na Universidade de Santiago de Compostela sobre o xadrez como recurso didáctico e pedagóxico, ideadas e desenvolvidas polo maior mestre que temos en Galiza deste deporte, o vagalumeiro Veiga Goy, coñecín a un ponente arxentino que – falando galego! – fixo […]

Arcaico o tempo. Paulino Vázquez

Saio da Praza do Toural cun agasallo na man, xentileza de Fausto Isorna. Trátase do libro editado por Galaxia: “Arcaico o tempo que respira”, poemario do amigo Paulino Vázquez.Na casa, polo serán, escollo ao chou un poema, e a ouvinte exclama: Qué bonito!Coñezo a Paulino dende hai moito tempo, temos en común unha aproximación respectuosa […]

Simultáneas no Xelmírez

Pasaron xa algúns anos. Coordinados, como sempre, polo recente premio Vagalume Xosé Luis Veiga, e co apoio de Maurice, da Academia EuroStudio, trouxemos a Compostela un excelente espectáculo xadrecístico. O mellor xogador español do momento, Miguel Illescas, daría unhas simultáneas con reloxio contra dez dos mellores xadrecistas galegos, mentres mestres internacionais radicados no país como […]

David Lariño

Lembra o mellor escritor galego vivo, ( segundo a opinión do Rivas , que engadía que as súas verbas ficaban escritas no vento ) cando nos últimos anos do franquismo chegou ao porto de Ribeira un mercante ruso: o Vassili Poliakov ( se a miña memoria non é mala ). E conta como o seu […]

Enrique Vidal Abascal. 1

Na porta da Facultade de Matemáticas hai hoxe un cartaz que conmemora o centenario do nacemento de D. Enrique Vidal Abascal, ao tempo que anuncia un congreso matemático na súa honra.Cando me interesei hai ben anos de sitios en Compostela onde se xogaba ao xadrez, contéstaronme aconsellándome dous sitios: o Nemenzo na zona vella, e […]

A febre do xadrez

Agradezo a Hipatia a ligazón que me levou a ver por vez primeira a película de Pudovkin “A febre do xadrez”. Nela participa activamente D. José, o xenio do xadrez: o cubano Capablanca.Por certo, qué cara de felicidade leva a rapaza despois de saír do coche do primeiro play-boy xadrecista ( Contan as lendas que […]

Na morte de Fischer 2.

Robert James Fischer conseguiu algo fundamental: sacar o xadrez das escuras esquinas dos liceos e convertelo nun xogo moi popular. Antes da súa irrupción o xadrez era una afección para especialistas. No ano 1972 trocaron o signo das cousas, ao se converter Reijkyavik na capital da guerra fría, tan fría que a batalla dilucidábase, afortunamente, […]