Na morte de Bobby Fischer 1.

Dende o pasado venres, cando soubemos da morte de Bobby Fischer, moitos artigos foron saíndo destacando os caracteres máis salientabeis da súa peculiar personalidade. Neste blog fixéramos non hai moito unha reseña ao capítulo que lle adicara Garry Kaspárov na sua monumental obra verso os anteriores campións do mundo. Máis coronoume hoxe ver nas páxinas […]

V Memorial Guillermo Domínguez Santos

Fago miñas as verbas de Manuel Portas, desde “El Correo Gallego”: O memorial de xadrez Guillermo Domínguez MANUEL PORTAS. PROFESOR Os que tivemos o pracer de convivir con Guillermo Domínguez, de desfrutar da súa sutil intelixencia, do seu críptico humor, sabemos que era moi pouco dado aos formalismos, ás celebracións pomposas ou ás conmemoracións protocolares. […]

Kaspárov na cadea

Garry Kaspárov leva tempo indo sempre en contra de quen goberna Rusia: Gorbachov, Yeltsin, agora Putin. Deixou o taboleiro escaqueado para se meter na perigosa vida política rusa. Agora está na cadea.Mentres habita as mazmorras eu recomendo encarecidamente a lectura do libro que presentou por estas latitudes haberá un mes: “Como a vida imita ao […]

Escudeiro: Campión de España xuvenil da ONCE

Vía páxina web da Federación Galega de Xadrez damos conta que por terceiro ano consecutivo, Ramón Escudeiro, do clube Escola de Xadrez de Pontevedra, ven de se proclamar Campión de España Xuvenil da ONCE, o cal volve demostrar a súa valía que lle fixo merecedor no ano 2005 do Premio Galiza Deporte ao mellor deportista […]

Campionato galego universitario de xadrez

Estase a celebrar arestora no Centro de Estudios Avanzados da Universidade de Santiago de Compostela ( que dirixe Félix Vidal, fillo de D. Enrique Vidal Abascal, matemático e xadrecista que foi) o Campionato Universitario galego de xadrez, no que participan universitarios das tres universidades galegas. A semana que ven publicarei os resultados.

As mulleres e o xadrez. Capítulo III

Os datos de afiliación son interesantes, pero agocha outra realidade: moitas veces as mulleres son inscritas de recheo, e a porcentaxe das xogadoras efectivas aínda míngua: Na xornada do Campionato por Equipos do pasado sábado, e segundo a páxina web da Federación, e arestora, cando quedan por contabilizar algunhas actas, podémonos achegar a ollar cantas […]

As mulleres e o xadrez. Capítulo II

Segundo os datos da Federación Galega de Xadrez, este ano 2007 afiliáronse os seguintes xogadores: División de Honra: 123 xogadores, dos cales 7 son mulleres. Primeira División: 212 xogadores, dos cales 14 son mulleres.Segunda División: 401 xogadores, dos cales 16 son mulleres.Terceira División: 850 xogadores, dos cales 82 son mulleres.Cuarta División: 183 xogadores, dos cales […]

As mulleres e o xadrez. Capítulo I

Limiar:¿Por qué hai tan poucas mulleres xogando ao xadrez? ¿Por qué o resultado destas é inferior ao dos homes?Unha das claves podería estar na pregunta que unha nai dun colexio público compostelán dixo hai poucos anos ao enterarse que para o seguinte curso ían ofertar só xadrez como nova actividade extraescolar: “e logo ¿ non […]

BORIS X

Lembro as verbas do gran Kaspárov referíndose ao décimo campión do mundo:” A carreira de Spassky non é moi típica dun campión do mundo, porque abunda en intensas ascensións e incribles caídas. O seu comezo foi, cecais, un dos máis brilantes. Aos 10 anos, Boris encetou a estudar co coñecido adestrador Vladimir Zak. Aos 15 […]

Boris Spassky

Na primeira lembranza que teño dos meus irmaos están os dous xogando ao xadrez ao tempo que un dicía “eu son Bobby Fischer” e o outro respostaba “e eu Boris Spassky”.Boris Spassky, que nome tan bonito, tan eufónico. Despois, o ir lendo cousas sobre a vida do ruso, sobre o seu comportamento naqueles días islandeses […]