Hospital Xeral

Antes de ser coñecido como Hospital Xeral tivo o nome de Residencia Sanitaria Almirante Vierna. Pero daquela, e mesmo agora – pero xa menos – o Pirulí. Cando foi rematada en 1955, con aquela elegante escalinata que chegaba á Rúa Pizarro e da que aínda me lembro, converteuse no edificio máis alto de España, baixo […]

Müller e misceláneas

Eu se escoito ou leo Müller só penso no “Torpedo”, no compañeiro de Maier e Beckembauer.Hoxe, contra o mediodía souben da existencia dunha escritora chamada Herta Müller porque lle concederon o Premio Nobel de Literatura.A miña ignorancia é infinita. Outro apunte, curioso, sobre literatura. O pasado xoves, nunha “viaxe lóstrego” o noso anfitrión, madrileño, comentou […]

Biblioteca Presidencial de Bush

Fontes ben informadas confirman a noticia do incendio que arrasou a biblioteca presidencial de George W. Bush. Os dous volumes convertíronse en cinza. “E aínda non rematara de colorealos…” queixouse o ex-presidente.

O ciclo da vida

Hai unha semana entramos nunha Maternidade para coñecer a nova filla dunha amiga. Agora veño de ver no Campus Sur o retozo no céspede dunha parella de namorados. E onte, na Costa da Camelia, unha furgoneta dunha funeraria deixaba a súa desagradable mercancía.E dentro de tres ou catro meses estarei de volta en maternidades, e […]

Arroutadas

Toda unha vida de seriedade ou bonhomía pode luxarse cun minuto mal achado. Estamos a ver intempestivas declaracións de concelleiros in pectore anunciando futuras negativas a coalicións agardabeis. Dicía Jorge Valdano que as absolutas tolerías ( pisotear a cabeza de Mathaus, inclusive ) dun home bo como o difunto Juanito ocuparon vinte segundos da súa […]

Regras e consellos sobre investigación científica

Ese é o título dun libro editado pola Libraría Beltrán de Madrid en 1940. O seu autor: Santiago Ramón y Cajal. Na servidume da era televisiva recoñezo que cando leo algo sobre Ramón y Cajal venme á cabeza a faciana de Adolfo Marsillach, ou penso no descoñecido político Juan Negrín.Nese libro recolle un excelente consello […]