Cidade olímpica

Estou convencido que Madrid non ten nada que facer. Entre outras razóns porque a quenda vai fora de Europa, e porque a candidatura de Madrid non ten aliados: os europeos porque agardarán a dentro de catro anos, os africanos porque votarán para Chicago, e os latinoamericanos votarán a Río. Toquio? Por que non?Coronaríame que gañara […]

Criterios de utilización dos cartos publicos no deporte galego.

Acreditamos que nos tempos que corren, ben despacio, resultou unha farsa o intento propagandístico do actual goberno galego de vender as súas decisións como “técnicas”, “austeras” e “desideoloxizadas” (verba aproximada na excelente versión do aínda conselleiro Vázquez Abad).O deporte galego non é alleo a isto. Os nomeamentos dos altos cargos foi unha evidencia da carencia […]

Apuntes (breves) dun goberno perdido.

O pasado sábado 18 de xullo (aniversario, por certo, do glorioso día no que recibín a primeira paga como traballador por conta allea), o xornalista de El País Juan L. Cudeiro facía unha pregunta retórica ante o público asistente ao Seminario sobre Comunicación e Deporte, pertencente á Universidade de Verán 2009, organizado pola Fundación Azkar […]

Deporte galego en galego

Náufrago sacou o tema e como non lle podo facer un comentario – problema da técnica, supoño-, decido anotar eu isto.Comentábase alí a envexa que xurdía ao ver os modos de facer no Barcelona: comentábase mesmo o caso de Beguiristain, que nada máis chegar a Barcelona decidiu buscar onde aprender catalán ( o mesmiño que […]

Doping tecnolóxico

Hai bastante tempo que apareceron en min dúbidas sobre o que debe aparecer na definición de doping punible polas autoridades deportivas, como consecuencia das sancións impostas a deportistas polo consumo de sustancias que non tiñan vinculación algunha coa mellora artificial do rendemento deportivo. Refírome aos casos de Deferr en ximnasia, Domínguez ou Hingis en tenis, […]

Bolt ou Phelps

É necesario que pase algo de tempo para ir escanciando as sensacións. Agora teño claro que o vencedor de Münich 72 foi Mark Spitz ou que en Montreal 76 a vencedora foi Nadia Comaneci, coma antes en Roma 60 fora Abebe Bikila ou en México 68 os 8,90 de Bob Beamon.Quen resistirá mellor o paso […]

Decálogo de boas prácticas no deporte IV

Decálogo do espectador 1. Que o cariño polo teu equipo non te leve a comportamentos inadecuados. 2. O prezo da entrada non inclúe a baixeza de insultar. Apoia e anima, nunca descualifiques. 3. O forofismo nega a racionalidade. 4. Non te ampares no anonimato da masa, compórtate con dignidade. 5. Valora os méritos, sexan de […]

Decálogo de boas prácticas no deporte III

Na preciosa película “Searching for Bobby Fischer” ficaba ben clara a opinión sobre un comportamento típico dos pais e nais de deportistas. Seguro que non coñecían o decálogo do Concello de Santiago. Decálogo do pai e nai do deportista 1. Non obrigues ao teu fillo/a a practicar un deporte do que non goste. Lembra que […]

Excelente artigo

Agora xa leva un tempo parado o magnífico blog de Martí Perarnau, pero no fío dos meu anteriores posts, quero recomendar este excelente artigo que publicou a mediados do outubro pasado.

Decálogo de boas prácticas no deporte II

Decálogo do Deportista I.- O deporte educa persoas para a vida. Máis que gran deportista procura ser unha gran persoa. II.- O adestramento é fundamental para progresar. Ten continuidade e constancia. III.- Respecta a norma, darache sentido e claridade no xogo. IV.- Honra ao contrario, non é un inimigo, é un compañeiro de xogo. Fai […]