De bandeiras

Estiven onte no Obradoiro, engadindo a miña voz á protesta contra o rascuño de decreto contra o idioma galego. Cheguei cando xa a praza estaba chea e cruceina, con dificultades, ata a zona do palco na procura da familia (política).Sobre a estupidez do goberno xa houbo moitos que falaron, e falaron ben. E tamén hai […]

Exercicio de estilo

“A propósito dunha “carta ao director“ “Produciume asombro e medo a visión dunha grande culebra antonte pola mañá ben cedo polos montes de Sabadelle, cando ía co maior dos meus curmáns na pescuda das lindes dun monte seu, nunha operación consciente e planificada grazas ás ferramentas informáticas do google earth e máis a oficina virtual […]

Deporte galego en galego

Náufrago sacou o tema e como non lle podo facer un comentario – problema da técnica, supoño-, decido anotar eu isto.Comentábase alí a envexa que xurdía ao ver os modos de facer no Barcelona: comentábase mesmo o caso de Beguiristain, que nada máis chegar a Barcelona decidiu buscar onde aprender catalán ( o mesmiño que […]

“E incluso chegando as 300 persoas”

Escoitado ás 12:00 horas do domingo 17 de maio, no informativo da Radio Galega. Naquel intre eu estaba pasando pola peaxe da autoestrada, cincoenta coches, aproximadamente, retidos. “Pois xa empeza esto a estar bastante animado. Xa son máis de duascentas , e incluso chegando ás trescentas persoas as que se están concentrando nesta alameda compostelá, […]

Idioma

Dúas consideracións sobre o idioma e a inventada problemática destes últimos meses. Ao meu gusto, moi interesantes as dúas.Un deles é sobradamente coñecido polo que non necesita presentación. Góstame o que di e cómo.O outro e un dos comentaristas habituais do blog de “Javier” Escolar, que se di galego castelán falante. Paga a pena a […]

Sendero Luminoso

En días coma onte, domingo de simpáticas concentracións en Compostela, non deixo de pensar en Sendero Luminoso, alcume dun penoso médico barbudo orixinario de terras andinas, con traballo primeiro na Nosa Señora do Cristal e despois en Piñor, haberá xa vinte anos. Berraba ás velliñas: “hábleme en cristiano, señora, hábleme en cristiano”.

Flis-fli-ris-flás

O Auditorio do Centro Cultural Caixanova estaba esta tarde tan ateigado que houbo bastante xente que tivo que estar nos pasillos, os nenos sentados no chan, os pais ao carón das columnas. É certo que era de balde, pero non creo que o prezo da entrada para ver unha obra de teatro infantil que se […]

Canso

Estou canso e aburrido: como razoar con eles non é posible pode que sexa hora de calar… ou non. Unha activista de Galicia Bífida (agradezo a ofuco a invención) pensa emigrar a Salamanca: que a viaxe lle sexa leve. Na reunión de nais e pais coas profesoras o pasado martes no colexio público onde van […]

Festas gastronómicas

Un dos personaxes de Georges Perec, moi rico, decidiu vivir do seguinte xeito: Aprendería a técnica da acuarela durante 10 anos, despois daría a volta o mundo durante vinte anos pintando mariñas , que feitas, serían enviadas a París, onde un artesán convertiríaas en puzzle. Rematada a viaxe, voltaría a casa, onde lle agardaban os […]