María Z.

Non sei por qué me lembro tanto dela nestes días de inverno. Posiblemente porque xa van dez anos, creo. Entereime por casualidade, lendo as últimas páxinas do Faro na cafetería que está enfronte de Follas Novas, na esquina, perto da Praza Roxa, unha tarde antes de ir traballar. Nunha familia numerosísima era a irmá maior […]

Primperan

Son perito en Dalsy, Junifen e Apiretal. Sei a posoloxía correcta dependendo do peso do doente. Na nevera agardan o seu turno, dende hai meses, supositorios de paracetamol. E aínda, de cando en vez, teño que subirme á banqueta na procura do Primperan.Grande xarope o Primperan, do que debín tomar eu ducias de litros cando […]

Acórdome

(Vía Besbe) Acórdome de empurrar polo corredor o carro da tele para que a poidera ver a miña avoa na habitación do fondo, que estaba enferma. Acórdome da miña avoa morta no cadaleito na habitación do fondo. Faltábanme dous meses para cumprir os tres anos e axexaba dende a porta. Á esquerda, sentado nunha silla […]

De churrerías e xardíns

Mentres eu pasaba catorce horas ao día, sete días á semana, na praia de Palma alugando velomares, tumbonas e hamacas, os mellores amigos que deixara na Galiza traballaban a súa vez nas noites de verán na churrería de Nacho Galiano, indo de romaría en romaría, de verbena en verbena: Coia a San Roque, Peregrina ao […]

Ovacións

Pensando en facer a anotación anterior, e ao fío dos conselleiros de cultura, non puiden menos que lembrar o día que a aula Magna de Dereito foi o espazo onde se produciu unha enorme ovación cando entrou nela Alejandrino Fernández Barreiro, recén nomeado Conselleiro de Cultura con Fernández Albor. O homenaxeado, por vez primeira, ensinou […]

Vigo, de Helena de Carlos

Agradézolle a Mon Serodio a recomendación que me fixo hai poucos meses sobre a poesía de Helena de Carlos. Dicía ela que algúns dos seus poemas fixéronlle emocionar.Con tan xeneroso convite achegueime á Libraría Couceiro e merquei “Vigo”.Magnífico poemario, que tamén a min me retrotrae a tempos que xa van indo vellos, con arrecendos de […]

Miguel Ángel, Cardeñosa, Asensi.

O mellor xogador do Mundial 78 foi sen dúbida algunha o holandés Resenbrink, digno sucesor do liderado de Cruiff na laranxa mecánica. O seu talento non se veu recompensado – como catro anos atrás – co título, pero eu son dos que pensan que a beleza prevalece sobre o resultado.Aquel era un ano malo para […]

Gonzalo

Souben neste verán da morte de Gonzalo Areán, producida seica xa hai uns meses. Só teño boas lembranzas desta boa persoa, e quero deixar constancia escrita disto. Cando eu o coñecín sendo neno, na tenda de Gonzacoca en Lalín, el xa me parecía moi maior. Tivo algúns achaques severos de saúde que anticiparon a súa […]

O tempo pasa

A proba irrefutable do paso do tempo atópoa nas facianas dos demáis ou no troco xeracional. Onte pola noite tiven dúas probas consecutivas.Unha das miñas primeiras lembranzas do colexio sitúanme ás nove da mañá dun xoves, agardando para entrar na clase da marabillosa señorita Mari Carmen – que veu substituir á señorita Mari Luz que […]