Receitas de Mel

1. Canapés de mazá Ingredientes:- 6 galletas de avea- 1 mazá grande- Zume dunha laranxa- 100 gr. de nata- 6 culleradas de mel- 250 gr de fresas Prepárase así:Enriba de cada galleta débese deixar partes de mazá humedecidas en zume de laranxa. Encima vérteselle a nata previamente misturada de mel, embelécese de fresas e arrefríase […]

Exercicio de estilo

“A propósito dunha “carta ao director“ “Produciume asombro e medo a visión dunha grande culebra antonte pola mañá ben cedo polos montes de Sabadelle, cando ía co maior dos meus curmáns na pescuda das lindes dun monte seu, nunha operación consciente e planificada grazas ás ferramentas informáticas do google earth e máis a oficina virtual […]

Leis físicas

Na procura do entendemento do mundo, eu, de cando en vez, acudo ás leis físicas, como o Principio de Incerteza de Heisenberg que vai explicar o por qué das próximas sondaxes previas ás eleccións á Xunta; ou o Principio de Coriolis que vai dar razón da causa da progresiva dereitización das persoas co paso do […]

8 cousas ( películas )

Agradecendo a Arume e Mario o convite, coido que o xeito máis orixinal ( e non é moito ) de resposta pode ser mediante películas que fican na miña memoria. 1: “O Compromiso”. “The arrangement” Tentativa de suicidio, adulterio. Esta segunda non é agora delicto, pero aínda eu me lembro lonxanamente dun serán da transición […]

Adiviña

¿Qué teñen en común Lew Alcindor, Cat Stevens, Cassius Clay e Terence Trent D’arby?

Once no despacho

Remato por fin coa teima esta. A fin de contas, os libros que están nos andeis do lugar de traballo tampouco queren dicir moito sobre un.Cando iniciei a aventura deste blog quixen maxinar que unha boa posible causa da súa existencia sería a de que os meus fillos poideran coñecer algo ao seu pai no […]

Once na aldea

Onte foi un día inesperadamente sobresaltado, que obrigou a chamadas intempestivas alén do mediterráneo e viaxes imprevistas cara o que fora no seu momento publicitado como o edificio máis alto do Estado. Na noitiña, xa na aldea, agardando que o tempo ao pasar vaia decidindo a vida, volvo distraer a cabeza co xogo dos once […]

Once libros

Vou preparar unha mudanza, e xa sei que aparecerán cousas inútiles, outras aparentemente desaparecidas, e dende logo, o volume a mover será inmesurablemente superior a calquer estimación prevista.Antes de tocar os libros, fago un xogo, no fío do comentado por Punset de que para coñecer unha persoa podes ollar a súa biblioteca. Este experimento ten […]

Mañá

Mañá acordarei ás sete horas e sete minutos. Botarei un grolo de auga e a durmir un chisquiño máis. E agardar ao ano que ven, ao mes de agosto, ás oito horas oito minutos do día oito, e así sucesivamente, como nun espello que se reflicte noutro espello, e noutro, e noutro…

Martes febril

Nas ideas de Queneau e Perec Martes á mañá: espertei tarde, culpa da gripe e da febre que me fixera incapaz de manter as pupilas abertas trala saída da lúa. Culpable desa febre gripal, das náuseas e das subseguintes secreturas nasais, fun incapaz de seguir a estrea de Cadaval na Crtvg. Tiven que prender internet […]