Pedro Madruga

A rúa Ervedelo de Ourense xunta o centro da cidade co barrio do Couto pasando por riba do río Barbaña. A estrutura e a paisaxe da ponte sobre o Barbaña é a mesma da miña infancia, e por riba dela aínda recoñezo aqueles tempos coa condiciòn de non mirar moi lonxe nin para abaixo. Cada […]

Alemania 1974. Cruyff

Alemania 74.Campión: Alemania Occidental.Mellor xogador: Johann Cruyff. Unha das miñas primeiras lembranzas futbolísticas (televisivas) remóntanse á fase de clasificación para o Mundial 74 de Alemania, da Alemania Occidental, que se dicía daquela para a diferenciar da Alemania Oriental ( ou autodenominada “democrática”). Un día, a volta do colexio polo mediodía, vin que na televisión botaban […]

Miguélez e Karina

O outro día vin unha pequena entrevista a Rosa Miguélez como Presidenta da Saeca. E volvinme lembrar da outrora parlamentaria, e despois eurodiputada, agora xa case esquecida ao estar fora da devasa que separa o barullo político galego de hoxendía do balneario europeo ou da xestión premiada.Por razóns que hoxe seméllanme moi lonxanas tiven coñecemento, […]

Imaxes

Somos memoria ( ás veces memoria construída), e a memoria exprésase en recendos, cheirumes, verbas e tamén en imaxes. Imaxe 1ª: Dende a terraza do edificio dos meus tíos, perto da Dehesa de la Villa, óllase a un rapazolo, aínda non adolescente, ir en bicicleta, saltando da beirrarúa á rúa e volta outra vez. Un […]

Simultáneas no Xelmírez

Pasaron xa algúns anos. Coordinados, como sempre, polo recente premio Vagalume Xosé Luis Veiga, e co apoio de Maurice, da Academia EuroStudio, trouxemos a Compostela un excelente espectáculo xadrecístico. O mellor xogador español do momento, Miguel Illescas, daría unhas simultáneas con reloxio contra dez dos mellores xadrecistas galegos, mentres mestres internacionais radicados no país como […]

Última xornada

Levárame o meu irmán maior moi cedo, case dúas horas antes do comezo do partido. E alí estabamos, na grada de Marcador, dándonos o primeiro sol do verán. Eu era pequeno e non lembro quen nos acompañara naquela tarde de domingo. O Celta, como case sempre, chegaba á derradeira xornada de Liga con opcións de […]

Escolma do cine galego

Teño que agradecer ao meu cuñado José Antonio a súa xenerosidade ofrecéndome libros e revistas de épocas pasadas pero aínda non remotas.Por exemplo a “Escolma do cine galego” editada polo Cine Club Abertal en maio de 1980 e dirixida dende a Asociación Xuvenil Abertal, que supoño non tería daquela moito tempo de vida.Colaboraban naquela revistiña, […]

Memoria

Somos memoria, máis nada. Estou lendo unha autobiografía excelente: a de Luis Buñuel. Nela, no primeiro capítulo, o director aragonés fai un pequeno ensaio sobre a memoria: o espíritu que nos conforma. Somos persoas porque temos lembranzas, e a memoria xustifica que poidamos ser premiados ou sancionados. Unha interesante película de Hal Hartley, Isabelle Huppert […]

Aniversario e cabodano.

Hoxe cumpre cincoenta anos quen me ensinou xogar ao xadrez. O sábado que eu nacín el chegou de xogar ao fútbol no Colexio Fogar de San Roque e sorprendeuse de ver un bebé xunto a súa nai. Pensou que era dalgunha veciña. Como cambian os tempos, agora xa os nenos de tres anos saben de […]