Pes nús

Hoxe hai dezasete anos tamén foi sábado. Lémbrome ben porque nunca xoguei ao xadrez tan ben como aquela noite, no Atlántico, na mesa do medio, entre unha ducia de xogadores que agardaban de pe, e o ruído de trinta clientes e o fume do tabaco e a boa música un chisco alta. Nunca xoguei tan […]

Esperanza e Experiencia

En días consecutivos falo con Fernández (amigo de vello, fora o encargado de me chamar a Mallorca para dicirme o resultado da selectividade) e con Gómez (fillo da miña curmá), e ámbolosdous comunícanme a supremacía da esperanza sobre a experiencia: van volver casar.Eu teño unha posición clara sobre o tema, máis aínda despois de ter […]

De churrerías e xardíns

Mentres eu pasaba catorce horas ao día, sete días á semana, na praia de Palma alugando velomares, tumbonas e hamacas, os mellores amigos que deixara na Galiza traballaban a súa vez nas noites de verán na churrería de Nacho Galiano, indo de romaría en romaría, de verbena en verbena: Coia a San Roque, Peregrina ao […]

Atlántico. 20º Aniversario

O pasado sábado gocei na Nasa da festa do viséximo aniversario do Atlántico: Local de copas; taberna; sala de xadrez, pocha e mus; escenario de obras de teatro, narracións orais e actuacións musicais.Achegueime a ese sitio de San Martiño Pinario por vez primeira haberá dezoito anos. Ía participar no seu primeiro torneo de xadrez. Rematou […]

Andie McDowell

Faloume un colega desta vella amiga común case de pasada, como quen non quere a cousa. Eu, que sempre procuro similitudes e fago comparanzas, chamábaa para min “Andie McDowell” por un certo ( probablemente algo lonxano) parecido coa actriz, aínda sendo ela oriunda de Ourense. Durante un tempo, haberá dez ou doce anos, cando os […]

Paulino

Paulino Vázquez é un amigo: persoa de conviccións propias – heterodoxas-, poeta culto, xadrecista entusiasta. Lembro con agarimo a miña primeira viaxe a Andalucía, ( Linares, Granada e Córdoba) guiados por Guillermo Domínguez e na compaña de Paulino, María José Varela e Xosé Luis Veiga Goy. Houbo un tempo que eu vía case tódalas noites […]

Toño

José Antonio Poncela é un dos individuos máis interesantes que coñezo: moi boa persoa e sumamente intelixente. Agora ten responsabilidades públicas en Castela A Mancha. Sei que o fará moi ben por Toledo. Lémbrome dun sábado pola tarde en Baiona, dándome bos consellos. Ou do seu piso en Frei Rosendo Salvado en Compostela: no balcón […]