Verdello rubio

Ao solpor aparezo por Velle e alí, na adega, miña curmá está a pisar os poucos acios de verdello rubio que foron recolleitos este ano. Miña tía, sentada, vainos botando dende os caldeiros. Eu, na volta a tres décadas atrás, agáchome a apañar os bagos que aparecen no chan.Saio ao Campo e ollo, con infinita […]

Enriba do coche

A viaxe duraba dúas horas: saíase de Vigo pola Avenida de Madrid e subíase pola Acelerada ata o Meixueiro. No Porriño pasabamos por riba dunha ponte que deixaba abaixo ducias de caravanas. Antes de Fontefría pasábase polo medio da Lamosa, e xusto antes da Cañiza había ao fondo dunha recta e antes dunha curva á […]

Pontevedra e os feixóns

Escoito na Radio Galega unha agradábel charla entre Paco Carreira e Manuel Vicente, de Efervesciencia, que explica que nestes días Pontevedra é a capital mundial dos feixóns.Despois dunhas consideracións teóricas sobre o phaseolus vulgaris e a importancia dos metais (magnesio, zinc) no mantemento da cor verde das legumes, decátome que teñen razón, dende o 1 […]

Xogos populares: c) A chave

A chave. Nos seráns dos días de festa, o ferro canta en Velle a súa cantiga. Non é o bater isócrono das forxas nen é tampouco o tanxer das campás. É un soar caprichoso, agudo unhas veces e, outras mais rouco e afogado, que xurde do interior dos casares e que trai á lembranza de […]

Xogos populares: b) A porca

A porca. Outros dos xogos que xa non se practican e dos que somente dan razón os vellos, que coiles se divertiron na súa mocedade, son a porca e o ferro. A porca xogábana dez ou doce home providos todos de mocas de pau e carballo ou de érbedo. Pra xogar dispúñanse en circo, deixando […]

Xogos populares: a) A billarda

A billarda:Xógase con dous paus, un diles curto e ao que se fan puntas nos dous extremos, que é o que recibe, propiamente o nome de billarda, e outro, bastante mais longo e recto, que se chama o palan. O fundamental do xogo consiste en pousar a billarda no chan, en baterlle co palan pra […]

A paisaxe perdida.

Seis meses despois do seu pasamento (poderíase precisar, e maldicir aos médicos que xogan a ser deuses, pero hoxe non presta falar) volvo na tardiña a terra que o viu nacer hai oitenta e seis anos. Xunto o Miño penso nas paisaxes que meu pai viría de neno e decátome que de certo ten que […]

O Marqués da Ensenada en Velle

No rebumbio da mudanza pérdense obxectos pero tamén áchanse documentos que xa contabamos definitivamente perdidos. Eis o caso dos meus apuntes tomados hai uns anos sobre o Catastro do Marqués da Ensenada feito en Velle, datado o 26 de marzo de 1753.O que está escrito nos folios é o seguinte “Interrogatorio a que han de […]