O noso derby

O do vindeiro domingo será o oitavo partido que vaia ver en directo entre o Celta e o Coruña (utilizo a denominación clásica, a que saía nas quinielas, a que usa Luis Aragonés – porque tan “Deportivo” é o Guadalajara, o Alavés, o Lugo como o da Coruña). A primeira vez estaban os dous en […]

Apostas

Díxeno antes de empezar o Mundial. Hoxe, cando teño datos na miña contra repítoo: Eu imaxino unha final España- Inglaterra. E non teño claro que Brasil pase á segunda fase (poden perder perfectamente con Portugal e Costa de Marfil).As miñas apostas: máximo goleador: Villa; mellor xogador: Messi.

Árbitros españois

Pouco a pouco voume metendo a ollar o Mundial de fútbol. Vexo case íntegro o Alemania – Serbia ao tempo que leo unha entrevista a Bujadin Boskov. De árbitro no partido está Undiano Mallenco ( corónanme os apelidos dos árbitros españois, decote tan peculiares eles ), o mellor árbitro da liga española (aínda que non […]

Atlético de Madrid

Hoxe o celtismo volve ter de goleiro das súas ilusións ao Atlético de Madrid, equipo que patentou a imaxe mercadotécnica de “pupas” por riba doutros conxuntos máis merecentes dela, coma o noso.As miñas primeiras lembranzas futbolísticas van asociadas ao Atlético de Madrid, principiando por unha semifinal da Copa de Europa contra o Celtic de Glasgow, […]

Queremos Selección

Eu quero que as Seleccións galegas xoguen neste Nadal. E a máis representativa ( que non a única ), a masculina de fútbol, de primeira.Escoito a primeira hora da mañá un ruxe ruxe: vanlle pedir a Fernando Vázquez que dirixa a Selección. Equipo convidado: Serbia.Magnífico.Estou disposto a pagar 25 ou 30 euros ( por dicir […]

Alemania 1974. Cruyff

Alemania 74.Campión: Alemania Occidental.Mellor xogador: Johann Cruyff. Unha das miñas primeiras lembranzas futbolísticas (televisivas) remóntanse á fase de clasificación para o Mundial 74 de Alemania, da Alemania Occidental, que se dicía daquela para a diferenciar da Alemania Oriental ( ou autodenominada “democrática”). Un día, a volta do colexio polo mediodía, vin que na televisión botaban […]

Cáceres

Mentres o corpo de Fernando Cáceres loita por vivir non podo menos que lembrar a un dos compoñentes do mellor Celta da súa historia. A primeira temporada de Víctor Fernández deixou un equipo ben sabido: Dutruel; Salgado, Cáceres, Djorovic, Berges; Mazinho, Makelele; Karpin, Mostovoi, Revivo; e Penev. Con minutos tamén estaban Tomás e Sánchez. Durante […]

Final da Copa do Rei

Os celtistas – e menos eu – non esquecemos que hoxe hai oito anos o Celta perdeu a final da Copa do Rei contra o Zaragoza.Seguindo unha penosa tradición, os equipos vigueses que chegan á final da Copa de España perden os encontros contra os rivais que vesten de branco: R. Madrid, Sevilla e Zaragoza […]

Farinós

Eu non creo no inferno, pero habelo haino. Eu non creo nas xustizas celestais ou nas cadraturas de círculos, pero existen.A época moderna do Celta, os seus avatares, ledicias e mesmo a súa existencia, descansou nos pes de Farinós, xogador daquela do Valencia e hoxe do Hércules de Alicante.Farinós é un centrocampista xa no ocaso […]

A final da Champions

Hoxe vai estar medio mundo vendo o que pase en Roma na final entre o Barcelona e o Manchester United. Medio mundo e non esaxero: o deporte converteuse no maior espectáculo universal destes tempos, e de entre os deportes domina o fútbol, a pesares da súa escasa implantación nos USA e do seu lento acordar […]