Murcia. Periplos galaicos

O Murcia volveu por Vigo para empatar ao Celta na derradeira xogada do partido. A etapa Eusebio está sendo triste.Xustamente o Murcia tivo o bo gusto de escoller Mondariz Balneario o pasado mes de agosto para facer a pretemporada.Mondariz Balneario adoita ser escollido sempre por algún equipo: en anos anteriores fora o Elxe. Ben, o […]

Eusebio

Eusebio, non o mellor futbolista portugués de tódolos tempos, senón un futbolista vallisoletano que en dous anos en Balaídos foi o precursor dos mellores anos celestes. Excelente futbolista, un cerebro en constante funcionamento. Ogallá sexa tan bo adestrador coma xogador. Falta fai.

Arbitraxes

Cuan curiosa é a psicoloxía humana. Estou racionalmente convencido de que ao longo dunha temporada compénsanse os puntos perdidos polas arbitraxes desfavorabeis cos acadados coas arbitraxes que erran ao teu favor, coa correción negativa que supón o fielato a pagar ao Real Madrid e Barcelona, sempre favorecidos.Porén, na miña memoria non queda constancia de arbitraxe […]

Días de fútbol

Non vin moito fútbol nestes pasados días, pero agora, cando só faltan tres partidos para que remate a Eurocopa, devezo para que chegue o xoves e ver o Rusia-España. É probable que sexa o partido máis bonito que un poida ver nestes momentos ( o guión do Alemaña – Turquía de mañá sabémolo por anticipado: […]

Futbolista británico

Hai un prototipo de futbolista británico porcentualmente escasísimo pero con pegada na memoria: O borrachuzas talentoso. Veño de ler na prensa a detención de Paul Gascoigne, probablemente o derradeiro artista maldito do balompé británico. Segue o ronsel de Paul Merson, aquel exquisito xogador do Aston Villa rival do Celta, cando os nosos facían que nós, […]

Tedescos

Sempre a mesma historia: os alemáns non se renden, loitan ata o derradeiro segundo. E aproveitan moi ben eses instantes finais, cando o adversario está afundido de cansazo e nervos. Agás aquela final co Manchester, onde probaron a súa medicina, os alemáns teiman nas súas conquistas coa perseverancia de aqueles que non teñen sentimentos, só […]

Debut de Mora

O pasado sábado pola noite, despois de volver ver na televisión a enésima axuda arbitral ao poderoso, fixen un rápido zapping coa TDT. Parei nunha canle da TVG onde ía empezar a retransmisión íntegra (por certo, moi deficientemente narrada, chea de favoritismos) dun vello partido: O Real Madrid-Barcelona da primeira temporada de Cruyff na Liga, […]

O Celtiña

Eu debía ter oito anos e recibín unha chamada telefónica de Velle na procura das miñas preferencias futbolísticas, xa que o regalo de Primeira Comunión que ía chegar dende as ribeiras do Miño consistiría nun uniforme completo: camisola, pantalón curto, medias e botas con tacos de plástico. ¿Real Madrid, Barcelona, Selección española?, preguntaron. Por favor, […]

Historias del Calcio

O xoves pasado acordei cedo para coller o avión cara Madrid. Alí, no tempo de lecer, aproveitei para ver a exposición de Centelles e ler ( sobre todo na viaxe de volta ) o último libro de Enric González: “Historias del Calcio”. Agora xa sei moito máis sobre Italia e sobre o fútbol: sobre a […]

Miguel Ángel, Cardeñosa, Asensi.

O mellor xogador do Mundial 78 foi sen dúbida algunha o holandés Resenbrink, digno sucesor do liderado de Cruiff na laranxa mecánica. O seu talento non se veu recompensado – como catro anos atrás – co título, pero eu son dos que pensan que a beleza prevalece sobre o resultado.Aquel era un ano malo para […]