O noso derby

O do vindeiro domingo será o oitavo partido que vaia ver en directo entre o Celta e o Coruña (utilizo a denominación clásica, a que saía nas quinielas, a que usa Luis Aragonés – porque tan “Deportivo” é o Guadalajara, o Alavés, o Lugo como o da Coruña). A primeira vez estaban os dous en […]

Cáceres

Mentres o corpo de Fernando Cáceres loita por vivir non podo menos que lembrar a un dos compoñentes do mellor Celta da súa historia. A primeira temporada de Víctor Fernández deixou un equipo ben sabido: Dutruel; Salgado, Cáceres, Djorovic, Berges; Mazinho, Makelele; Karpin, Mostovoi, Revivo; e Penev. Con minutos tamén estaban Tomás e Sánchez. Durante […]

Farinós

Eu non creo no inferno, pero habelo haino. Eu non creo nas xustizas celestais ou nas cadraturas de círculos, pero existen.A época moderna do Celta, os seus avatares, ledicias e mesmo a súa existencia, descansou nos pes de Farinós, xogador daquela do Valencia e hoxe do Hércules de Alicante.Farinós é un centrocampista xa no ocaso […]

Murcia. Periplos galaicos

O Murcia volveu por Vigo para empatar ao Celta na derradeira xogada do partido. A etapa Eusebio está sendo triste.Xustamente o Murcia tivo o bo gusto de escoller Mondariz Balneario o pasado mes de agosto para facer a pretemporada.Mondariz Balneario adoita ser escollido sempre por algún equipo: en anos anteriores fora o Elxe. Ben, o […]

Eusebio

Eusebio, non o mellor futbolista portugués de tódolos tempos, senón un futbolista vallisoletano que en dous anos en Balaídos foi o precursor dos mellores anos celestes. Excelente futbolista, un cerebro en constante funcionamento. Ogallá sexa tan bo adestrador coma xogador. Falta fai.

O mellor partido do Celta

O Celta ten unha natureza especial que, sen querer ir de victimistas, xa quixeran para si outros equipos como o Atlético de Madrid. Non só polo himno oficioso, como ben dixo eue, ou polo desagradable costume de chegar ás finais – 4, contando o equipo antecesor- para perdelas. O mellor partido que na miña vida […]