Crónicas gastronómicas. 3ª. Casa Marcelo.

Na rúa das Hortas de Santiago de Compostela, pertiño da Praza do Obradoiro, medio agachado, atópase Casa Marcelo, un restorán moderno, coa cociña á vista, e cunha clientela variopinta que adoita ir xantar coma os conversos ires a misa: con devoción proselitista.Fun por motivos de traballo, o que me deu tempo a ollar con vagar […]

Crónicas gastronómicas. 2ª. Piazetta. Barajas T2.

O self-service Piazetta, sito na Terminal 2 do Aeroporto de Barajas de Madrid, presenta unha notable diferenza cos seus homólogos do mesmo lugar: éste ten un agradable aspecto externo, con mesas e sillas de madeira e unha frugal decoración que representan os máis sobados tópicos italianos. A carta pendurada é desconcertante xa que as existencias […]

Crónicas gastronómicas. 1ª La romántica. Ourense.

La Romántica está ao carón do Miño, onde empeza a Ponte Nova (que de nova ten pouco, sendo como é a segunda máis vella, trala románica, das sete da cidade). Como teño boas lembranzas do sitio – realmente da sede anterior, nun local pegadiño ao actual – probablemente non sexa moi imparcial, pero qué importa, […]