Inzar

Aconteceu na autovía de Vigo a Ourense ao paso por Ribadavia. Conducía eu e meu pai ía ao meu carón. El xa pasaba dos oitenta anos e guiábame cara Velle porque me quería amosar – sen máis tardar – os seus predios. Eu levaba un GPS comodado por un cliente do despacho, piloto de aviación. […]

Pérdense as que van polo aire

Nun periodo moi curto de tempo ( vitalmente falando ) acaecéronme tantas mudanzas que voltearon a vida ( mesmo 360 grados, curioso ) de tal xeito que teño que parar e ver onde estou.Deixei unha profesión liberal para ter que voltar a ela en non moito tempo. No ínterin estiven tentando ( e conseguindo ) […]

Enriba do coche

A viaxe duraba dúas horas: saíase de Vigo pola Avenida de Madrid e subíase pola Acelerada ata o Meixueiro. No Porriño pasabamos por riba dunha ponte que deixaba abaixo ducias de caravanas. Antes de Fontefría pasábase polo medio da Lamosa, e xusto antes da Cañiza había ao fondo dunha recta e antes dunha curva á […]

Final da Copa do Rei

Os celtistas – e menos eu – non esquecemos que hoxe hai oito anos o Celta perdeu a final da Copa do Rei contra o Zaragoza.Seguindo unha penosa tradición, os equipos vigueses que chegan á final da Copa de España perden os encontros contra os rivais que vesten de branco: R. Madrid, Sevilla e Zaragoza […]

60 anos

O 19 de marzo de 1949, xusto 60 anos atrás, meus pais casaron na igrexa parroquial de Reza, ao carón de Ourense. Foi voda dupla, pois tamén casou a irmá maior da miña nai. Segundo escoitei eu algunha vez, de seguido marcharon os protagonistas dos casamentos e os seus convidados a xantar a casa familiar […]

10 e 11 de marzo

Nestas datas, tódolos anos, ofrezo un regalo virtual.Silvio Rodríguez recende a bacharelato, a primavera en Vigo, a ceos azuis.Non son quen de o escoitar moitas veces seguidas porque, non sei ben a causa, vaime levando ao territorio da tristeza.Pero de cando en vez está ben voltar ao tempo das ilusións, da rebeldía e da curiosidade […]

Regalos no Nadal

Papá Noel deixou:a) Os Bolechasb) Os Barbanzónsc) Pan e coitelo, do Bieitod) Ca commence aujourd´hui, de Tavernier

Aniversario

Un día coma hoxe naceu hai cinco anos. Ten o problema de estar no medio: sofre ciumes pola pequena e non ten as prerrogativas do maior. É guapo coma eu fun na súa idade ( cunha perrera ao Johann Cruiff, que me campaba moi ben). Ten bo corazón e moi mala uva ( niso parécese […]

A paisaxe perdida.

Seis meses despois do seu pasamento (poderíase precisar, e maldicir aos médicos que xogan a ser deuses, pero hoxe non presta falar) volvo na tardiña a terra que o viu nacer hai oitenta e seis anos. Xunto o Miño penso nas paisaxes que meu pai viría de neno e decátome que de certo ten que […]

Gulfariz

A finais do pasado agosto fun coa miña querida curmá a Gulfariz, na beira do Miño, na procura dos lugares onde moraron nosos avós. Alí vivín un emocionante momento “Kunta Kinte” cando o máis vello do lugar identificou a noso avó, e falou das tres fillas (nosas nais e tía), e contou como marcharon cara […]