32 votos

32 votos: 32 persoas.Menos das que caben na casa do alcalde en funcións de Ourense.Con 32 votos máis Manoel Soto Ferreiro, o compañeiro Soto, sería o home máis poderoso de Vigo, de Galicia enteira. Con eses 32 votos Soto estaría preparando unha subhasta na que el sempre ía saír gañador. Os de Caballero terían un […]

Erros e acertos

Fixen en post anteriores pequenos comentarios sobre as municipais nos catro lugares que hoxendía máis me importan: A porcentaxe de acertos non é moi alta: 50 %.Acertei que no Covelo o poder conservador vai pouco a pouco, lentamente, esmorecendo. O BNG sobe un concelleiro: inmenso mérito que ten. Acertei tamén o novo vencedor en Ames: […]

Municipais: Vigo

O domingo pola noite tódalas miradas estarán postas en Vigo, aínda que de esguello comprobaremos se hai alcalde nacionalista en Ourense, se acada maioría absoluta o PSOE en Compostela e a perde na Coruña, se Ferrol deixa de votar conservador…Pero a atención estará en Vigo porque non hai aínda agora, cincoenta horas antes, ningún indicio […]

Municipais: Ames

Ames é un espello de Compostela. Populosa nas cidades dormitorio de Milladoiro e Bertamiráns, onde a xente nova exiliouse por motivos económicos, Ames comparte coa capital do país a circunstancia dun goberno local presidido polo PSOE apoiado polo BNG. Como en Compostela, e mesmo como en Galicia, a boa laboura dos concelleiros do BNG é […]

Municipais: Covelo

Covelo é segundo algúns inquéritos o concello máis probe do Estado. Nel leva mandando comodamente dende hai máis de trinta anos o Sr. José Costa, do P.P., por suposto. Na actualidade o reparto de cadeiras ven sendo PP:8, BNG:2, PSOE:1.Galicia profunda, a poboación de Covelo está moi avellentada: coñezo ben unha parroquia dalí e fáltanme […]

Municipais: Santiago

Probablemente a campaña electoral máis aburrida do país estase a ver na súa capital. Co peixe vendido antes de se abrir o mercado, non hai moitas cousas que salientar. Non máis que a rutinaria campaña do PSOE, a desesperanza – ben merecida – do PP, e as previas tentativas de suicidio do BNG. Deste último […]