Parroquia de Velle

Dentro dun mes o meu pai cumprirá 84 anos. Naceu no Campo de Quintela, en Velle, nunha casa que tiña “un corredor montado sobre colunas e tapado con táboas”, que ata hai a penas quince anos ficaba como estaba daquela.Lembraba, hai unha semana, como cando el era neno, antes da guerra, apareceran por Velle uns […]

Afeccións

Non vou ser eu quen critique as afeccións alleas, por moito que a min non me gusten. A fin de contas, qué lles pode importar aos demáis as miñas opinións; do mesmo xeito que a min non me importarían as críticas sobre se eu gosto do cine, teatro, xadrez, fútbol ou os balnearios do Mar […]

Wright, Kieslowsky, Zinnemann

Nestes días de tantos cumpleanos ao meu redor, tamén son os dos cabodanos das tres persoas do título. Morreron hai un, dez e nove anos respectivamente, durante o seu correspondente mes de marzo.Teresa Wright era unha actriz guapísima, ao meu gusto. Marabillosa sobriña de Joseph Cotten en “Shadow of a doubt”, pero onde estaba totalmente […]

Cronoloxía radiofónica

Rematei o traballo en Tui pasadas as dúas da tarde. Aproveitando a proximidade co país veciño decido ir xantar a un vello sitio moi escondidinho, a ver se atopo ben o lugar, por se houbera necesidade de ir en poucos meses coa familia.Despois dun par de voltas enfío o sitio, conducindo entre as cores celestes […]

Lembranzas do Primeiro Curso

Volvo ler novas acerca de Juan Casares, outrora presidente de “Nuevas Generaciones del PP“. Eu coñezo a este Casares dende hai moitos anos, cando os dous – el é algo maior ca min -, coas nosas respectivas pandillas, iamos ás mozas pola zona do Areal. Eu baixaba no Dyane 6 do pai de Manolo ou […]

Intelixencia

Eu tiven un profesor de Dereito Romano que unha tarde dixo que a tendencia dos africanos “subsaharianos” – el dicía “negros”, o cal é correcto porque é a característica física máis definitoria, se non fora polo seu ton displicente -, a rirse por todo era unha mostra máis da inferior evolución e intelixencia desas persoas. […]

Nomes de Pezas. Definitivo, polo de agora.

GALEGO: Rei, Dama, Torre , Bispo, Cabalo, Peón, ALEMÁN: König, Dame, Turm, Läufer, Springer, Bauer,ÁRABE: Shah, Firzan, Rkhkh, Fil, Faras, Baidaq,BÚLGARO: Tzar, Dama, Top, Ofizer, Con, Pionka,CATALÁN: Rei , Dama, Torre, Alfil, Cavall, Peó,CHECO: Král, Dáma, Vêz, Strelec, Jezdec, Pesec,DANÉS: Konge, Dronning, Taarn, Lober, Springer, Bonde,ESPAÑOL: Rey, Dama, Torre , Alfil, Caballo, Peón,ESPERANTO: Regô, Damo, […]

O caso catalán

Lendo o libro de Paul Preston “Las tres Españas del 36″, Plaza y Janés, 1999, no capítulo adicado a un personaxe inclasificable como Millán Astray, atopo a certeza de que o que estamos agora a vivir – unha feroz campaña anticatalana por parte da dereita – non é cosa nova. Lamentablemente retrotráenos aos comezos da […]

Allegro ma non troppo

Título musical para un ensaio estimulante. Por fin, despois de moito agardar, conseguín ter entre as miñas mans este pequeno libro de Carlo M. Cipolla; Editorial Crítica, Biblioteca de Bolsillo nº.72. O libro consta de dúas partes, a primeira evocoume reminiscencias dun libro da miña nenez “Como acabar de una vez por todas con la […]

Plantemos cara ás armas

O vindeiro xoves 9 de marzo ás 18:00 horas inaugurarase no Verbum de Vigo a exposición “Plantemos cara ás armas”, organizada por Intermón Oxfam e a colaboración da Vicepresidencia da Xunta, Concellería de Cultura eo propio Verbum.A presentación é aberta ao público e correrá a cargo de Cándido Pazó.Esta exposición durará ata o 21 de […]