Eleccións na USC

A Universidade de Santiago de Compostela vai escoller en poucos días reitor.Quere recuncar o actual, Senén Barro; e quere iniciarse na magnificencia Juan Casares Long ( neste caso é obrigado sinalar o segundo apelido, non vaia ser…)Sae como favorito e practicamente seguro gañador o señor Barro, que tivo a ben facer unha linda mestura de […]

Zeca Afonso e Diamantino

Hoxe é 25 de abril.Teño especial devoción polas historias de futbolistas. Onte, no xornal “El pais” podiamos ler as andanzas dun xogador para min descoñecido: Ezio Vendrame. Son míticas as lendas verso Garrincha. Unha canción estupenda de Jorge Ben: “Fio Maravilha” adícase a outro dianteiro. Ou as maledicencias que se contaban de Pahiño, o Pichichi […]

Facendo limpeza

Facendo limpeza atopo debaixo da invitación de voda de C. e M. – agora xa divorciados- unha circular orixinal, con selos e sinaturas, dirixida a: “Todos los partidos políticos; Organizaciones sindicales; Organizaciones no gubernamentales, Asociaciones, Universidad”. Desconcértame saber que o remitente tiña o meu enderezo e que me considera alguén dentro dalgunha das cinco institucións […]

A relixión

Agarda por ser lido “Tratado de ateología” de Michel Onfray ( Ed. Anagrama). Unha rápida ollada revélame unha curiosa obsesión cos prepucios, pero aparenta ser máis un libro para o fin de semana – tendo os ollos moi abertos- que para os cinco minutos previos a durmir.Nun capítulo coinciden Carl Schmitt ( outra vez) e […]

Violencia no ámbito doméstico

Cando cheguei a Compostela mandeille unha postal do Campus a Pedrín, era unha escea primaveral. Cando vexo fotos semellantes penso en el e nos seus orfos irmaos. O primeiro contacto máis ou menos directo co tema da violencia no ámbito doméstico foi hai vinte anos. Estivera traballando dous anos na Praia de Palma e o […]

A radio galega

A radio galega mudou considerablemente despois do pasado verán tralo troco no goberno galego. E foron cambios sen dúbida a millor.Xa que esta é unha emisora que para min é de referencia, non só polo idioma no que quero escoitar senón pola súa proximidade, podo opinar dela con certa causa e con contrastable antiguedade, xa […]

Un admirador, un amigo, un esclavo, un siervo

Antes de gozar co traballo ben feito de Luis Tosar, Marta Etura e Juan Diego, volvo ver, encantado, “Atraco a las tres”. Non entendo cómo pasou a teórica durísima censura da época os cinco primeiros gloriosos minutos desta película, coas seguintes frases: “Y luego quieren que no haya revoluciones”“Mientras no se reparta la suerte no […]