Don Maximino

O pasado xoves atopei no xornal de Ourense a esquela de Don Maximino González Nóvoa, párroco de Graíces ( A Peroxa), falecido o día anterior.Quero deixar eiquí constancia do meu agradecemento a súa amabilidade as dúas veces que me atendeu na súa casa particular, na rúa Manuel Murguía de Ourense, un pouco máis abaixo do […]

MASH

Mentres escoito na Radio Galega a Gloria de Mamacabra ( “cartas que veñen e van” ) entérome de dúas malas novas: unha eiquí ao perto e outra ben lonxana: Morren Agrelo Hermo e Robert Altman. A película MASH é capaz de procurar comedia no medio dos quirófanos da guerra de Corea. Donald Sutherland e Robert […]

Leolo

“Porque soño non o estou.Porque soño, soño.Porque me abandono polas noites aos meus soñosantes de que me deixen de día.Porque non amo.Porque me asusta amar.Xa non soño.Xa non soño.” Probablemente a máis fermosa película que eu vin no que levo de vida.Dirixida por Jean Claude Lauzon. O protagonista: Leolo Lazonne.

Errol Flynn

Hai trinta e un anos e un día era mércores pola noite e eu estaba vendo a televisión. De súpeto interrumpiron a programación para anunciar que ante o agravamento na saúde do Xefe do Estado ían pór unha película: “Obxectivo Birmania”, con Errol Flynn.De madrugada o meu irmao estirou o brazo e me despertou, dende […]

A cidade perdida

Chega meu cuñado a Vigo dende Londres o venres ao mediodía para poder asistir á estrea do documental dos seus amigos: “A cidade perdida”. Durante o xantar do sábado fala laudatoriamente dela e da dignidade dos seus colegas resistindo a presión dos concelleiros na pasada noite. Non hai tempo para máis contadas, xa que volta […]

Hoxe cumpriría 70 anos

Mihail Tahl, letón, o campión do mundo que menos tempo ostentou a coroa, pois dende neno tivo sempre graves problemas de saúde.Dixo que non lle importaba, porque o título de campión do mundo é efímero pero o de ex-campión é eterno.

Tres consideracións sobre o xogo do xadrez.

Guillermo Domínguez titulou así o seu interesante limiar ao primeiro número dunha revista bimestral de pouca vida: Escaques, feita por rapaces composteláns en decembro de 1990. Dicía así: “Unha revista de xadrez é sempre e necesariamente unha empresa problemática. Aos que impulsan a publicación este feito estráñalles e mesmo incomódalles. Porén, o feito en si […]

Casida del sediento. Miguel Hernández

Casida del sediento Arena del desiertosoy, desierto de sed.Oasis es tu bocadonde no he de beber. Boca: Oasis abierto a todas las arenas del desierto. Húmedo punto en medio de un mundo abrasador el de tu cuerpo, el tuyo, que nunca es de los dos. Cuerpo: Pozo cerrado a quien la sed y el sol […]

Xuízo e condena de Miguel Hernández

No número 15 da Revista Nueva Historia, abril de 1978, e dende as páxinas 78 a 87, Eduardo de Guzmán lembra o xúizo que padeceron Miguel Hernández e máis el, xunto a outras vintesete persoas o xoves 18 de xaneiro de 1940.Mergullado na rede atopo parte dese mesmo relato eiquí.Remato eu o texto de Eduardo […]