BORIS X

Lembro as verbas do gran Kaspárov referíndose ao décimo campión do mundo:” A carreira de Spassky non é moi típica dun campión do mundo, porque abunda en intensas ascensións e incribles caídas. O seu comezo foi, cecais, un dos máis brilantes. Aos 10 anos, Boris encetou a estudar co coñecido adestrador Vladimir Zak. Aos 15 […]

Boris Spassky

Na primeira lembranza que teño dos meus irmaos están os dous xogando ao xadrez ao tempo que un dicía “eu son Bobby Fischer” e o outro respostaba “e eu Boris Spassky”.Boris Spassky, que nome tan bonito, tan eufónico. Despois, o ir lendo cousas sobre a vida do ruso, sobre o seu comportamento naqueles días islandeses […]

Estado de Dereito

Prefiro falar de música, lembrando, por exemplo, que hoxe hai oitenta anos chegaba ao mundo Tom Jobim. Prefiro falar de xadrez, ou de outros deportes pois na miña vida xoguei malamente a moitos e fun espectador de case todos. Prefiro falar de literatura: na miña cabeza quedaron prendidos versos de Miguel Hernández, Celso Emilio ou […]

Oso Yogui

Algúns dos mellores ratos da infancia débollos ao Oso Yogui e ao seu colega Bubú. Quen nos dera eses debuxos, ou otros semellantes, na televisión actual. Hai uns días volvín saber de Yogui por mor do pasamento dun dos seus creadores. Troco, aparentemente, de tema: Coñecín a Nicola Lococo en Donosti no ano 1993, cando […]

Ciclismo

Escoito que se recupera a proba ciclista dos Tres días da Ascensión en Compostela. Boa nova. Como a magnífica idea desenvolvida por Santiago Domínguez e Valeri Karpin do equipo profesional galego de ciclismo.Agora so falta volver sentir nas costas do Castro de Vigo o cansazo dos ciclistas como hai anos, cando os nenos fincabamos ao […]

Deja vu

Hoxe volvo agradecer á Radio Galega os bos ratos que me fai pasar. En Galicia Primeira Hora non só se pode escoitar a retranca velenosa ( inconsciente ou non ) de Fernando Ónega refiríndose a Rajoy, senón tamén opinións sensatas, e de sobremesa un pequeno espazo humorístico que me transporta ao segundo curso da E.X.B: […]

Tódalas pezas do mundo

Vía dende os magníficos Fíos invisibles convídanos Torredebabel a coñecer os nomes das pezas de xadrez en 72 idiomas.Fico agradecidísimo.