Libros de dereito

Estou a facer unha pequena mudanza e aparecen dous libros de primeiro de dereito. O profesor de Dereito Romano obrigounos a mercar e estudar o libro do seu pai. Transcribo o que pon na súa páxina 125 ese libro da autoría de Álvaro dÓrs: “Lo que da a una acción su condición de honoraria es […]

Non aturo

Non aturo á xente moza que no autobús non lle deixa o sitio ás embarazadas ou aos anciáns.Non aturo á xente moza que cuspe nas rúas os seus lapos nicotinizados.Non aturo ás vellas que tentan colarse cando agardamos a vez na charcutería.Non aturo aos conductores que pensan que a cidade é un circuito de carreiras. […]

Campionato galego universitario de xadrez

Estase a celebrar arestora no Centro de Estudios Avanzados da Universidade de Santiago de Compostela ( que dirixe Félix Vidal, fillo de D. Enrique Vidal Abascal, matemático e xadrecista que foi) o Campionato Universitario galego de xadrez, no que participan universitarios das tres universidades galegas. A semana que ven publicarei os resultados.

Cálido, húmido e escuro.

Hoxe pola mañá botei unha risada escoitando a Manolo Bragado pedirlle á sociedade apoio para “esa actividade solitaria que proporciona pracer”.Quico Cadaval ten contado moitas veces as sensacións que lle producía a muller coa que se deitou por vez primeira, cando ésta iniciaba tódalas noites o seu recorrente vicio solitario, manual, sistemático…Nestes xogos de imaxes, […]

Comunicado de Montreal

Na Terceira Conferencia Mundial sobre Muller e Deporte, celebrada en Montreal o ano 2002 adiantábanse no seu Comunicado final uns posibles tratamentos útiles para favorecer o desenvolvemento das mulleres no eido das actividades físico-deportivas.No que atinxe ao marco espacial que nos correponde e en relación á actividade deportiva obxecto destes comentarios, o xadrez galego-, evidénciase […]

Carlos Casares Mouriño

A semana pasada volvín reler a documentada biografía que sobre Curros Enríquez escribira o seu paisano Celso Emilio Ferreiro. Alí volvíase incidir na caracterización do pai do poeta como un individuo deplorable, violento e de mal carácter, entre outros varios defectos; tal e como nos ensinaran os libros de texto do bacharelato.Durante a lectura lembrei […]

Martes febril

Nas ideas de Queneau e Perec Martes á mañá: espertei tarde, culpa da gripe e da febre que me fixera incapaz de manter as pupilas abertas trala saída da lúa. Culpable desa febre gripal, das náuseas e das subseguintes secreturas nasais, fun incapaz de seguir a estrea de Cadaval na Crtvg. Tiven que prender internet […]

As mulleres e o xadrez. Capítulo III

Os datos de afiliación son interesantes, pero agocha outra realidade: moitas veces as mulleres son inscritas de recheo, e a porcentaxe das xogadoras efectivas aínda míngua: Na xornada do Campionato por Equipos do pasado sábado, e segundo a páxina web da Federación, e arestora, cando quedan por contabilizar algunhas actas, podémonos achegar a ollar cantas […]

A boca da noite

Devezo pola chegada ás doce da Boca da Noite na Radio Galega. Só sei, veño de escoitalo na radio, que a dirixe Quico Cadaval. Con esa autoría sei que é probable a frustración inherente cando soñas coa perfección, porque bastantes dos mellores momentos ( intelectuais) que levo vividos nos últimos vinte anos débollos ao Carreirán.Estaremos, […]