Escolma do cine galego

Teño que agradecer ao meu cuñado José Antonio a súa xenerosidade ofrecéndome libros e revistas de épocas pasadas pero aínda non remotas.Por exemplo a “Escolma do cine galego” editada polo Cine Club Abertal en maio de 1980 e dirixida dende a Asociación Xuvenil Abertal, que supoño non tería daquela moito tempo de vida.Colaboraban naquela revistiña, […]

Arroutadas

Toda unha vida de seriedade ou bonhomía pode luxarse cun minuto mal achado. Estamos a ver intempestivas declaracións de concelleiros in pectore anunciando futuras negativas a coalicións agardabeis. Dicía Jorge Valdano que as absolutas tolerías ( pisotear a cabeza de Mathaus, inclusive ) dun home bo como o difunto Juanito ocuparon vinte segundos da súa […]

32 votos

32 votos: 32 persoas.Menos das que caben na casa do alcalde en funcións de Ourense.Con 32 votos máis Manoel Soto Ferreiro, o compañeiro Soto, sería o home máis poderoso de Vigo, de Galicia enteira. Con eses 32 votos Soto estaría preparando unha subhasta na que el sempre ía saír gañador. Os de Caballero terían un […]

Erros e acertos

Fixen en post anteriores pequenos comentarios sobre as municipais nos catro lugares que hoxendía máis me importan: A porcentaxe de acertos non é moi alta: 50 %.Acertei que no Covelo o poder conservador vai pouco a pouco, lentamente, esmorecendo. O BNG sobe un concelleiro: inmenso mérito que ten. Acertei tamén o novo vencedor en Ames: […]

Municipais: Vigo

O domingo pola noite tódalas miradas estarán postas en Vigo, aínda que de esguello comprobaremos se hai alcalde nacionalista en Ourense, se acada maioría absoluta o PSOE en Compostela e a perde na Coruña, se Ferrol deixa de votar conservador…Pero a atención estará en Vigo porque non hai aínda agora, cincoenta horas antes, ningún indicio […]

Municipais: Ames

Ames é un espello de Compostela. Populosa nas cidades dormitorio de Milladoiro e Bertamiráns, onde a xente nova exiliouse por motivos económicos, Ames comparte coa capital do país a circunstancia dun goberno local presidido polo PSOE apoiado polo BNG. Como en Compostela, e mesmo como en Galicia, a boa laboura dos concelleiros do BNG é […]

Municipais: Covelo

Covelo é segundo algúns inquéritos o concello máis probe do Estado. Nel leva mandando comodamente dende hai máis de trinta anos o Sr. José Costa, do P.P., por suposto. Na actualidade o reparto de cadeiras ven sendo PP:8, BNG:2, PSOE:1.Galicia profunda, a poboación de Covelo está moi avellentada: coñezo ben unha parroquia dalí e fáltanme […]

Fracaso

Remedando a Scott Fitzgerald podo dicir que falo dende a autoridade que me outorga o fracaso. Certo é que fracaso interposto, pero ao cabo, fracaso que asumo na miña pequena parte alícuota.O Celta vaise para a Segunda División, e deixando á marxe as consabidas queixas á directiva, adestradores, e sobre todo xogadores, quero lembrar con […]

Municipais: Santiago

Probablemente a campaña electoral máis aburrida do país estase a ver na súa capital. Co peixe vendido antes de se abrir o mercado, non hai moitas cousas que salientar. Non máis que a rutinaria campaña do PSOE, a desesperanza – ben merecida – do PP, e as previas tentativas de suicidio do BNG. Deste último […]

Supersticións.

Hai unha cafetaría en Compostela, na Praza de Ponte Castro, onde eu ía ver na época de Víctor Fernández varios partidos televisados do Celta. Tiven que deixar de ir alí porque as seis ou sete veces que fun sempre perdía o Celtiña.Un domingo desta temporada eu estaba no barco Vigo-Cangas cando o Celta gañou o […]