Mil películas

O xornal inglés The Guardian publicou na última semana de xuño a súa lista de mil películas que segundo eles “hai que ver antes de morrer“. Como todas as listas, esta non ía ser unha excepción, rechaman algunhas ausencias e máis aínda algunhas presenzas. Como era de prever, destácase unha ampla maioría relativa de films […]

O Fuco está de volta.

Alédame saber que o autor do Funambulista Coxo, o Fuco, está de volta no ar electrónico dos blogs. Porque escribe ben cousas ben interesantes. Porque grazas a el, a Ian, a Marcos e a tantos e tantos máis eu son cada vez que me paro neles un pouquiño menos ignorante.

Once no despacho

Remato por fin coa teima esta. A fin de contas, os libros que están nos andeis do lugar de traballo tampouco queren dicir moito sobre un.Cando iniciei a aventura deste blog quixen maxinar que unha boa posible causa da súa existencia sería a de que os meus fillos poideran coñecer algo ao seu pai no […]

Once na aldea

Onte foi un día inesperadamente sobresaltado, que obrigou a chamadas intempestivas alén do mediterráneo e viaxes imprevistas cara o que fora no seu momento publicitado como o edificio máis alto do Estado. Na noitiña, xa na aldea, agardando que o tempo ao pasar vaia decidindo a vida, volvo distraer a cabeza co xogo dos once […]

Once libros

Vou preparar unha mudanza, e xa sei que aparecerán cousas inútiles, outras aparentemente desaparecidas, e dende logo, o volume a mover será inmesurablemente superior a calquer estimación prevista.Antes de tocar os libros, fago un xogo, no fío do comentado por Punset de que para coñecer unha persoa podes ollar a súa biblioteca. Este experimento ten […]

Álvarez

A poesía tamén se aprende na casa porque o ritmo de“SombrasDentes de serra,lingua de lata,bico de rata…” de Xosé María Álvarez fillo, de seguro que provén do pai: “O año pitañovai no paraño.A cabuxa luxamarchou onda a bruxa.O gato cegatofuxiu ao burato…” Perdín a aposta, pero a escolla para o Día das Letras é excelente.

Terrorismo

Tódolos días aprendemos algo. Ou confirmamos o que xa viñamos intuíndo. Nesa vía fóronme dabondo esclarecedores os seguintes textos que enlazo: un de Bruce Schneier e ó outro un artigo de Francisco J Laporta para El País, pero sacado do blog de Martínez Soler. Coido que no que levo de vida nunca houbo menos atentados […]

2.500 euros

Agradezo, como non, os futuros 2.500 euros.Pero o meu agradecemento non exclúe as miñas críticas:Porque non son formas.Critico a banalidade da medida: se o que se pretende é fomentar a natalidade no Estado ese non é o vieiro axeitado. Non coñezo a ninguén que poida decidir ter un fillo pola dávida deses cartos. Pero si […]

Señor Pipo

Como a dor nas costas era insoportable, supoño que unha contractura muscular, erguinme cedo, e decidín ir a pe feito a Samil para ver se atopaba ao señor Pipo e mediante magoantes estiramentos e posterior pago de 15 euros, clase B, volvía andar estarricado.Na cafetería con estética similar á veciña Jonathan Livingston Seagull infórmanme que […]

Escudeiro: Campión de España xuvenil da ONCE

Vía páxina web da Federación Galega de Xadrez damos conta que por terceiro ano consecutivo, Ramón Escudeiro, do clube Escola de Xadrez de Pontevedra, ven de se proclamar Campión de España Xuvenil da ONCE, o cal volve demostrar a súa valía que lle fixo merecedor no ano 2005 do Premio Galiza Deporte ao mellor deportista […]