Milagre

O pasado domingo fun testemuña directa por terceira – e probablemente derradeira – vez da milagre do nacemento dun bebé. Alí estaba: disciplinado, nervoso e tamén emocionado. Afortunadamente todo foi ben.Deséxolle a ela, como aos seus dous irmáns maiores, aquilo que lles requiría Napoleón aos seus xenerais: Sorte na vida.

Listas

No post anterior dicía eu rotundamente que o mellor escritor galego vivo é Quico Cadaval. Comparto esa tese con Manuel Rivas, o cal matizaba: “escribe no aire”.Entendo que a miña opinión é tan criticable como calquera outra. Haberá xente que opine que esa cualificación mérecea o propio Rivas, o escritor noso máis vendido alén do […]

Adiviña

¿Qué teñen en común Lew Alcindor, Cat Stevens, Cassius Clay e Terence Trent D’arby?

Volta ao colexio

De novo principia o curso, e véñenme a cabeza varias reflexións tras deixar os nenos na escola: a) A directora solicitou unha excedencia para se dedicar en exclusiva as súas novas responsabilidades políticas no Concello de Vigo. Polo ben da cidade desexo que o faga mellor como Concelleira que como directora, xa que nesto último […]

Gonzalo

Souben neste verán da morte de Gonzalo Areán, producida seica xa hai uns meses. Só teño boas lembranzas desta boa persoa, e quero deixar constancia escrita disto. Cando eu o coñecín sendo neno, na tenda de Gonzacoca en Lalín, el xa me parecía moi maior. Tivo algúns achaques severos de saúde que anticiparon a súa […]