O día do meu aniversario.

O día do meu aniversario de hai tres anos e medio foi un xoves de inverno. Tres días despois íanse celebrar en todo o Estado eleicións ao Congreso e o Senado. Semellaban ser emocionantes porque o partido no goberno necesitaba maioría absoluta se quería seguer no poder xa que fora queimando tódalas pontes co resto […]

Historias del Calcio

O xoves pasado acordei cedo para coller o avión cara Madrid. Alí, no tempo de lecer, aproveitei para ver a exposición de Centelles e ler ( sobre todo na viaxe de volta ) o último libro de Enric González: “Historias del Calcio”. Agora xa sei moito máis sobre Italia e sobre o fútbol: sobre a […]

Centelles

Na terrible foto de arriba vese á muller do farmacéutico Pernau chorándoo logo de atopar o seu cadáver no cemiterio de Lleida o 3 de novembro de 1937, despois dos bombardeos fascistas do día anterior que estragaron a cidade e que deixaron unha morea de mortos, moitísimas crianzas entre eles. Moitas outras fotos, algunhas delas […]

Arquitectura en Vigo

A fotografía non é demasiado boa: mea culpa. Mais é suficiente para o que quero contar: Este é o meu edificio favorito de Vigo, en tanto en canto que máis representativo. Sito ao carón da rúa máis bonita de todo o noroeste peninsular – o Paseo de Alfonso – (Otero Pedrayo dixit), este edificio nado […]

Toño

José Antonio Poncela é un dos individuos máis interesantes que coñezo: moi boa persoa e sumamente intelixente. Agora ten responsabilidades públicas en Castela A Mancha. Sei que o fará moi ben por Toledo. Lémbrome dun sábado pola tarde en Baiona, dándome bos consellos. Ou do seu piso en Frei Rosendo Salvado en Compostela: no balcón […]

CdC

Vexo nos xornais ao compañeiro de cadeira no colexio comparecendo na Comisión parlamentaria que investiga a Cidade da Cultura. O rapazote de antonte – mellor deportista vigués daquela – explica hoxe a negra realidade dun disparate. Non existe país que resista semellante gasto. Imos aviados.

O balbordo dos Aduaneiros

Xurdiron moitos comentarios nas últimas horas sobre a decisión de Aduaneiros sem Fronteiras de pechar a súa alfándega como resposta ao requerimento feito polo avogado da poetisa Yolanda Castaño no que solicitaba a retirada dos deseños gráficos – e posteriores comentarios – adicados á devandita poeta. Os donos de Aduaneiros son evidentemente libres para tomar […]