Kaspárov na cadea

Garry Kaspárov leva tempo indo sempre en contra de quen goberna Rusia: Gorbachov, Yeltsin, agora Putin. Deixou o taboleiro escaqueado para se meter na perigosa vida política rusa. Agora está na cadea.Mentres habita as mazmorras eu recomendo encarecidamente a lectura do libro que presentou por estas latitudes haberá un mes: “Como a vida imita ao […]

O espectáculo do outono

Volvo contemplar, sempre marabillado, o precioso espectáculo anual dos ginkgos bilobas do Campus Sur de Compostela. Ao chegar o outono dóuranse as súas peculiares follas, e vagariño van caendo sobre a herba, formando unha mesta alfombra de dúas cores. Levo vinte anos vendo isto, e non me canso. En Compostela, aparte dos catro ginkgos do […]

Vigo, de Helena de Carlos

Agradézolle a Mon Serodio a recomendación que me fixo hai poucos meses sobre a poesía de Helena de Carlos. Dicía ela que algúns dos seus poemas fixéronlle emocionar.Con tan xeneroso convite achegueime á Libraría Couceiro e merquei “Vigo”.Magnífico poemario, que tamén a min me retrotrae a tempos que xa van indo vellos, con arrecendos de […]

Xeografía do condón

No número de outubro-novembro da edición española da revista “Foreign Policy” , Miguel Fontes e Peter Roach asinan un pequeno pero interesante estudo sobre o comportamento sexual das persoas atendendo a distintas variables: nacionalidade, media de compañeiros sexuais, porcentaxe de relacións sen protección, promedio de penetración das enfermidades de transmisión sexual e idade media da […]

Cardume

Vai pasar tempo antes de que o poida ler. Pero anticipo a mellor das predisposicións porque a súa autora tivo a coraxe e afouteza de traducir a obra máis difícil dun dos meus autores favoritos: a maior brincadeira literata da historia.

Riquiño

Lembro a noxenta publicidade do brandy que levaba o nome do monarca español que foi o mellor alcalde de Madrid: “Cuando dos están bien, Carlos es el tercero”. Por mor da publicidade de Gadis decátome de que as rapazas cando me dicían “que riquiño eres”, eu tería que ter traducido: “eres para min como un […]

8 cousas ( películas )

Agradecendo a Arume e Mario o convite, coido que o xeito máis orixinal ( e non é moito ) de resposta pode ser mediante películas que fican na miña memoria. 1: “O Compromiso”. “The arrangement” Tentativa de suicidio, adulterio. Esta segunda non é agora delicto, pero aínda eu me lembro lonxanamente dun serán da transición […]