2007

Remata o 2007, e se as horas que faltan non me contradín, podería dicer que foi un ano bo: Na familia houbo unha alta e ningunha baixa; e dende alén mar anúncianos outra alta para o vindeiro curso. Tiven traballo e gardo ansias por facer e encetar novas aventuras. Non estaría mal que as cousas […]

Plácido

No momento de escribir estas liñas poñen na 2 unha obra mestra do cine: “Plácido”.Niso das listas escribir é errar, porque o que pensas agora pode ser distinto dentro de cinco minutos: Cavilo eu que de faceres unha lista das melllores películas do cine español sen dúbida terían que estar presentes nos outeiros a devandita […]

V Memorial Guillermo Domínguez Santos

Fago miñas as verbas de Manuel Portas, desde “El Correo Gallego”: O memorial de xadrez Guillermo Domínguez MANUEL PORTAS. PROFESOR Os que tivemos o pracer de convivir con Guillermo Domínguez, de desfrutar da súa sutil intelixencia, do seu críptico humor, sabemos que era moi pouco dado aos formalismos, ás celebracións pomposas ou ás conmemoracións protocolares. […]

Madrid. 2

Todos os habitantes de calquera vila media galega caben nun edificio calquera de estes, que conseguiron que as cercanas torres KIO semellen miniaturas na comparanza.No solar onde se erguen estos monstruos non ha moito tempo se xogaba ao fútbol. E ben perto de alí, na Residencia Sanitaria La Paz – que linda verba tan mal […]

Madrid. 1

Debemos estar perto dos cero grados, aínda non son as nove da mañá. Saio do metro na Praza da República Arxentina e vou pola rúa Serrano abaixo: Unha preciosa avenida que me semella transportar a unha cidade ben distinta á que estou. Paso ao carón de embaixadas merecentes dunha capa de pintura, de direccións xerais, […]

Noite de reis

Azzurro: Facía moitísimo tempo que non o pasaba tan ben no teatro coma onte no Centro Cultural Caixanova de Vigo, vendo Noite de Reis do CDG. Premonición: Aínda que non é sinxelo destacar a alguén, eu declaro a miña admiración polo traballo de Víctor Mosqueira e Rebeca Montero, que desexo sexan premiados no seu momento. […]