A febre do xadrez

Agradezo a Hipatia a ligazón que me levou a ver por vez primeira a película de Pudovkin “A febre do xadrez”. Nela participa activamente D. José, o xenio do xadrez: o cubano Capablanca.Por certo, qué cara de felicidade leva a rapaza despois de saír do coche do primeiro play-boy xadrecista ( Contan as lendas que […]

Cociña para chapantes

Ao tempo que escribo, Mofa e Befa estanse preparando para actuar no Teatro Principal de Santiago de Compostela, cunha escolma marabillosa do seu arte culinario.Creo que debín ver Cociña Económica non menos de oito veces, e máis que serían, mesmo agora, se o horario fora un pouco máis cedo.

Pimentel

“Ti sabes que todos os díashai un home morto na cuneta,que ninguén coñece aínda.Unha muller sobre o cadáver do seu homechora.Chove.¡Negra sombra, negra sombra!Eu ben sei que hai un misterio na nosa terra,mais alá da néboa,mais alá do mar,mais alá da chuvia,máis alá do bosque.” Hoxe cúmprense cincoenta anos da morte de Luís Pimentel.

9 de marzo

Supoño que outra máis das eivas da transición – tan eloxiada polos medios de comunicación, pero mal resolta – foi o sistema electoral. E non me refiro o dislate que algún botarate ornea querendo facer calar aos nacionalistas periféricos, en aberta contradicción non só co sentido común e a limpeza do xogo senón tamén coas […]

Nai orfa

Algunhas das máis sobranceiras lecturas que me ofreceron os blogs débollas a folerpa, en concreto cando fala de sentimentos. Varias das súas escritas amorosas emocionáronme. Tamén agora me suscitou emoción, aínda que de distinta cualidade, a súa última postaxe, na que entrevera dúas verbas que xuntas provocan calafríos: “nai orfa”. O pudor impídeme petar na […]