O Celtiña

Eu debía ter oito anos e recibín unha chamada telefónica de Velle na procura das miñas preferencias futbolísticas, xa que o regalo de Primeira Comunión que ía chegar dende as ribeiras do Miño consistiría nun uniforme completo: camisola, pantalón curto, medias e botas con tacos de plástico. ¿Real Madrid, Barcelona, Selección española?, preguntaron. Por favor, […]

Nova Biblioteca

Hoxe inaugurouse en Compostela a Biblioteca Pública Anxel Casal, coa presenza do Presidente da Xunta, do Ministro de Cultura en funcións e máis a Conselleira de Cultura.Leva o nome de Ánxel Casal o editor compostelán que durante cinco meses foi alcalde da capital galega, ata que o 20 de xullo de 1936 fora destituido de […]

Premios María Casares

Estamos no Día Mundial do Teatro. Hoxe entregaranse os Premios María Casares. E horas antes estou expectante, con sentimentos encontrados, ás veces gaña o corazón e outras o cerebro, e recoñecendo que nalgunha categoría aledareime polo gañador pero lamentareime polos que non gañen, xa que este ano é de boa colleita.Desexaría que dous premios foran […]

Voto por correo: Exercicio do dereito

Unha nova dun xornal faime plantexar algunhas dúbidas sobre o voto por correo que de contado sinalo: a) Cándo se perfecciona o exercicio do dereito a votar por correo? Cando se entrega o voto nas oficinas de Correos? Cando o voto extraído da saca de Correos é introducido na urna? b) Dependendo das respostas anteriores […]

Javier Bardem

Levei unha boa alegría o outro día cando lle deron o Oscar a un tipo que me parece honesto e coherente, e un excelentísimo actor, capaz de se transformar completamente en calquer persoa que poida imaxinar se está detrás un bo guión e unha precisa dirección.Di o imdb que o primeiro papel como actor de […]

Andie McDowell

Faloume un colega desta vella amiga común case de pasada, como quen non quere a cousa. Eu, que sempre procuro similitudes e fago comparanzas, chamábaa para min “Andie McDowell” por un certo ( probablemente algo lonxano) parecido coa actriz, aínda sendo ela oriunda de Ourense. Durante un tempo, haberá dez ou doce anos, cando os […]

Ópera Prima

O mellor xadrecista galego contemporáneo dos últimos anos (aínda que nado en Madrid) regálame a primeira película de Fernando Trueba. É Matías un dos meus personaxes favoritos de ficción: cámpanlle ben esas cirolas longas que loce segundos antes de se deitar – sen deixar de falar – coa rapaza bohemia. Obra notable para ser a […]

Paulino

Paulino Vázquez é un amigo: persoa de conviccións propias – heterodoxas-, poeta culto, xadrecista entusiasta. Lembro con agarimo a miña primeira viaxe a Andalucía, ( Linares, Granada e Córdoba) guiados por Guillermo Domínguez e na compaña de Paulino, María José Varela e Xosé Luis Veiga Goy. Houbo un tempo que eu vía case tódalas noites […]