Berlín oriental

Outra vez, onte, volveron botar na televisión a estupenda “Good bye, Lenin” de Wolfgang Becker, co magnífico Daniel Brühl e a namorable Chulpan Khamatova.As primeiras recomendacións que tiven desta película chegaron de R. e L. ( comprometidos a me enviar unhas fotos de Berlín: aínda agardo) cando iniciabamos unha viaxe a Salamanca.Ao remate onte da […]

Na Palestina

Pasa da unha da madrugada e sigo en pe. A causa non é outra que a lectura marabillada dun libro que, a non tardar, convertirase nunha obra clásica do seu xénero, digna do admirado Kapuscinski: Refírome a “Fin de século en Palestina” de Miguel Anxo Murado, editado en Galaxia, e que merquei antonte na Feira […]

Tedescos

Sempre a mesma historia: os alemáns non se renden, loitan ata o derradeiro segundo. E aproveitan moi ben eses instantes finais, cando o adversario está afundido de cansazo e nervos. Agás aquela final co Manchester, onde probaron a súa medicina, os alemáns teiman nas súas conquistas coa perseverancia de aqueles que non teñen sentimentos, só […]

Debut de Mora

O pasado sábado pola noite, despois de volver ver na televisión a enésima axuda arbitral ao poderoso, fixen un rápido zapping coa TDT. Parei nunha canle da TVG onde ía empezar a retransmisión íntegra (por certo, moi deficientemente narrada, chea de favoritismos) dun vello partido: O Real Madrid-Barcelona da primeira temporada de Cruyff na Liga, […]

Ménage à trois

É probable que no decurso da vida ésta che regale algún presente solicitado anos atrás. Supoño eu que esa podería ser unha explicación.Non lembro o momento, de tal existires, onde eu pedín o desexo de non morrer sen ter practicado un ménage à trois. Calculo eu que cecais a altas horas da noite, no Maycar, […]

Memento Mori

Como semella que a vida vai indo por refachos, esta semana, no de que verdade importa, non foi nada agradable: O martes estabamos despedindo o pai dun bo amigo e o mércores acudín ao tanatorio para presentar os meus respectos a unha viúva de case a miña idade e con tres nenos menores ao seu […]