Xesús

Non o coñecín, pero faláronme moito e ben del nos últimos tempos. Especialmente miña compañeira, que foi varias veces por motivos profesionais a súa casa nestes derradeiros meses seus e que voltaba impresionada pola súa personalidade, entereza e intelixencia. Un día ela apareceu cun agasallo seu: un libro agarimosamente adicado e que dende onte, lamentablemente, […]

Listaxes de películas

Gracias á mudanza achei pequenos tesouros esquecidos aos que voltaremos con máis vagar.No medio do rebumbio apareceu unha libretiña onde tiña escritas as respostas que hai uns anos depuxeron uns amigos a un simple inquérito: digan as súas dez películas favoritas.Tras unha leve edición e actualización, alí van: Lista de películas. 1. Autor: Funcionario dos […]

Menina

Menina bonita não choraMenina bonita não chora Vem meninaVem e deixe de chorarPois menina bonita não chorae eu estou aqui para lhe consolarO meu amor é forteVocê pode nele confiarSe você está triste, feliz você será.(Jorge Ben) Hai hoxe un ano que está con nós. E ésta é a súa canción como “Mas que nada” […]

Canso

Estou canso e aburrido: como razoar con eles non é posible pode que sexa hora de calar… ou non. Unha activista de Galicia Bífida (agradezo a ofuco a invención) pensa emigrar a Salamanca: que a viaxe lle sexa leve. Na reunión de nais e pais coas profesoras o pasado martes no colexio público onde van […]

Consello de Gracián

Baltasar Gracián deixou dito que en tempos de tribulación non se debe facer mudanza.Poia nesas andamos estes días, movendo caixas, achando papeis perdidos, decatándonos que nunha casa fican moitas máis cousas das que un podería pensar – e moitas delas ben inútiles.Aproveitarei a circunstancia para facer limpeza. E cando teñamos cartos suficientes quixera facer unha […]

Pequeno laio sobre a Xustiza

Sei, porque a padecín nove anos dende un dos lados do estrado, que a Xustiza en España non vai cega como a súa representación gráfica. A algúns xuíces impórtalles, e moito, quen son os xusticiabeis, se teñen cartos ou non e a posición na escala social dos comparecentes.Onte Zapatero e Rajoy laiábanse fariseicamente indignados pola […]

Bolt ou Phelps

É necesario que pase algo de tempo para ir escanciando as sensacións. Agora teño claro que o vencedor de Münich 72 foi Mark Spitz ou que en Montreal 76 a vencedora foi Nadia Comaneci, coma antes en Roma 60 fora Abebe Bikila ou en México 68 os 8,90 de Bob Beamon.Quen resistirá mellor o paso […]

Pekín

Tiven a ocasión nestes días de falar con dúas persoas que estiveron nos Xogos Olímpicos de Pekín, ou Beijing que adoita ser o xeito de nomear agora a capital da China.En ámbolos dous casos chegaron abraiados: onde antes estaban casiñas pequenas e miles de bicicletas agora hai rañaceos e nas rúas Mercedes e BMWs.A organización […]