Leis físicas

Na procura do entendemento do mundo, eu, de cando en vez, acudo ás leis físicas, como o Principio de Incerteza de Heisenberg que vai explicar o por qué das próximas sondaxes previas ás eleccións á Xunta; ou o Principio de Coriolis que vai dar razón da causa da progresiva dereitización das persoas co paso do […]

Columnistas

Como moita xente, servidor ten columnistas favoritos, xornalistas que chaman a nosa atención, aos que paga a pena ler con moito vagar. Como vigués, o meu preferido é Eduardo Rolland. Os exemplos do seu bo facer están agora na Voz coma antes estiveron no Faro, cando me volvín devoto del.Outro columnista que multiplica diariamente o […]

Rima LXXIII

O domingo pola tarde volvín ver unha triste escea asinada polo grande Vittorio de Sica. Lembrei unha das miñas películas favoritas: “Miracolo a Milano”, nela ao comezo, ollamos como unha vella señora (Emma Gramatica) atopa nun eido a un bebé ( de maior interpretado por Francesco Golisano), que logo adopta. Cando o bebé xa é […]

David Lariño

Lembra o mellor escritor galego vivo, ( segundo a opinión do Rivas , que engadía que as súas verbas ficaban escritas no vento ) cando nos últimos anos do franquismo chegou ao porto de Ribeira un mercante ruso: o Vassili Poliakov ( se a miña memoria non é mala ). E conta como o seu […]