Cañizares

Cañizares: Personaxe feminino en comedia televisiva.Cañizares: Ex – goleiro do Celta, boa colocación e bos reflexos pero con sona de mal carácter dentro dos vestiarios.Cañizares: Bispo: Movementos diagonais, ergo sempre en casillas da mesma cor. O Bispo di: a sociedade está enferma: aborto, eutanasia, experimentación con embrións.Eu (peón) digo: a sociedade está enferma: cobiza de […]

Marcos Valcárcel

Non é posible imaxinar unha homenaxe máis merecida que a que recibirá na noitiña do vindeiro sábado o historiador Marcos Valcárcel en Ourense. Como son unánimes as loubanzas ao seu rigor profesional e a súa bonhomía pouco podo engadir eu. Meu modesto gran de area non será máis que a miña probable presenza o sábado […]

William Holden

Sempre tiven predileción por este actor: autenticidade, coñecemento, complexidade. Especialmente brilante cando interpretaba personaxes perdedores pero cun innegociable sentido da dignidade, ou tamén cando era un cínico veraz e lúcido: Grupo salvaxe, Picnic, Wild Rogers; Sunset Boulevard, A ponte sobre o río Kway. Traballou para os máis grandes: Ford, Wilder, Lean, Peckinpah, Logan, Edwards, Preminger, […]

Crónicas gastronómicas. 2ª. Piazetta. Barajas T2.

O self-service Piazetta, sito na Terminal 2 do Aeroporto de Barajas de Madrid, presenta unha notable diferenza cos seus homólogos do mesmo lugar: éste ten un agradable aspecto externo, con mesas e sillas de madeira e unha frugal decoración que representan os máis sobados tópicos italianos. A carta pendurada é desconcertante xa que as existencias […]

Crónicas gastronómicas. 1ª La romántica. Ourense.

La Romántica está ao carón do Miño, onde empeza a Ponte Nova (que de nova ten pouco, sendo como é a segunda máis vella, trala románica, das sete da cidade). Como teño boas lembranzas do sitio – realmente da sede anterior, nun local pegadiño ao actual – probablemente non sexa moi imparcial, pero qué importa, […]

20-N

Hoxe é xoves, como hai xusto 33 anos. A noite anterior suspenderan a programación habitual de TVE ante o agravamento no estado de saúde de “Su Excelencia El Jefe del Estado” para emitir unha película: “Objetivo Birmania”, de Raoul Walsh con Errol Flinn. Durante os días anteriores fóronnos acostumando á letanía normal nestes casos: “Firmado: […]

Flis-fli-ris-flás

O Auditorio do Centro Cultural Caixanova estaba esta tarde tan ateigado que houbo bastante xente que tivo que estar nos pasillos, os nenos sentados no chan, os pais ao carón das columnas. É certo que era de balde, pero non creo que o prezo da entrada para ver unha obra de teatro infantil que se […]

O Marqués da Ensenada en Velle

No rebumbio da mudanza pérdense obxectos pero tamén áchanse documentos que xa contabamos definitivamente perdidos. Eis o caso dos meus apuntes tomados hai uns anos sobre o Catastro do Marqués da Ensenada feito en Velle, datado o 26 de marzo de 1753.O que está escrito nos folios é o seguinte “Interrogatorio a que han de […]