Gulfariz

A finais do pasado agosto fun coa miña querida curmá a Gulfariz, na beira do Miño, na procura dos lugares onde moraron nosos avós. Alí vivín un emocionante momento “Kunta Kinte” cando o máis vello do lugar identificou a noso avó, e falou das tres fillas (nosas nais e tía), e contou como marcharon cara […]

Paisaxes na cidade

Ademáis do skyline das cidades; que tan ben se poden ollar ás chegadas a elas, dende a autoestrada cara Compostela, dende Puxeiros cara Vigo, dende O Viso cara Ourense; e ademáis da textura das rúas e das zonas verdes de cada urbe, unha característica importantísima de cada cidade son as súas xentes.Hai persoas que pola […]

Amigos e enemigos

Laura Caveiro é unha escritora en lingua galega. Cando tiña dezasete anos era a única persoa da súa clase de COU que falaba decote en galego, e facíao ao seu xesto, con humildade pero cunha pacífica férrea convicción. Hai unha avogada en Compostela que fisicamente ten notable semellanza coa Laura Caveiro avogada en Vigo, se […]

Supermartes

Hai xusto oito anos, o mércores posterior ao primeiro luns de novembro, ao mediodía, collín un autobús pola banda de Conxo. Na Praza de Galicia entraron dous homes de mediana idade que sentaron xusto diante de min. Falaban en voz alta, e tanto pola melíflua voz coma pola indumentaria, souben de vez que eran cregos. […]