Atlántico. 20º Aniversario

O pasado sábado gocei na Nasa da festa do viséximo aniversario do Atlántico: Local de copas; taberna; sala de xadrez, pocha e mus; escenario de obras de teatro, narracións orais e actuacións musicais.Achegueime a ese sitio de San Martiño Pinario por vez primeira haberá dezoito anos. Ía participar no seu primeiro torneo de xadrez. Rematou […]

Regalos no Nadal

Papá Noel deixou:a) Os Bolechasb) Os Barbanzónsc) Pan e coitelo, do Bieitod) Ca commence aujourd´hui, de Tavernier

Arbitraxes

Cuan curiosa é a psicoloxía humana. Estou racionalmente convencido de que ao longo dunha temporada compénsanse os puntos perdidos polas arbitraxes desfavorabeis cos acadados coas arbitraxes que erran ao teu favor, coa correción negativa que supón o fielato a pagar ao Real Madrid e Barcelona, sempre favorecidos.Porén, na miña memoria non queda constancia de arbitraxe […]

Virá a morte e terá os teus ollos

Non paro de ler no día de hoxe comentarios en distintos xornais que lembran os últimos versos escritos por Cesare Pavese ( del quen, por certo, hai tres meses cumpríase o centenario do seu nacemento). A causa da sorpresiva interese polo poeta italiano é non menos sorprendente: Xa que o escritor intitulou unha obra súa […]

Aniversario

Un día coma hoxe naceu hai cinco anos. Ten o problema de estar no medio: sofre ciumes pola pequena e non ten as prerrogativas do maior. É guapo coma eu fun na súa idade ( cunha perrera ao Johann Cruiff, que me campaba moi ben). Ten bo corazón e moi mala uva ( niso parécese […]

Crónicas gastronómicas. 3ª. Casa Marcelo.

Na rúa das Hortas de Santiago de Compostela, pertiño da Praza do Obradoiro, medio agachado, atópase Casa Marcelo, un restorán moderno, coa cociña á vista, e cunha clientela variopinta que adoita ir xantar coma os conversos ires a misa: con devoción proselitista.Fun por motivos de traballo, o que me deu tempo a ollar con vagar […]

O caso Alba

De esguello, porque o asunto é tan noxento que non teño gañas de máis, voume enterando das novas que van xurdindo do xuízo á nai e padastro da nena Alba.Enlazando pensamentos ratifícome na idea de que o estado de dereito que din que temos é máis nos papeis que na realidade. E que mentres a […]

A paisaxe perdida.

Seis meses despois do seu pasamento (poderíase precisar, e maldicir aos médicos que xogan a ser deuses, pero hoxe non presta falar) volvo na tardiña a terra que o viu nacer hai oitenta e seis anos. Xunto o Miño penso nas paisaxes que meu pai viría de neno e decátome que de certo ten que […]

30 anos e 6 meses

Lolo e Miguel. Meu curmán maior e meu pai. O único dos sobriños deste que o chamaba só polo seu nome.Hai trinta anos, Santa Lucía, botaban unha obra de Alfonso Paso pola tele. Eu non estaba ben, vomitei pola noite. O día 14 chovía moito, moitísimo, en Santo Tomé de Freixeiro.Deixou tres fillos menores de […]