Simultáneas no Xelmírez

Pasaron xa algúns anos. Coordinados, como sempre, polo recente premio Vagalume Xosé Luis Veiga, e co apoio de Maurice, da Academia EuroStudio, trouxemos a Compostela un excelente espectáculo xadrecístico. O mellor xogador español do momento, Miguel Illescas, daría unhas simultáneas con reloxio contra dez dos mellores xadrecistas galegos, mentres mestres internacionais radicados no país como […]

Publicidade política.

Hai algo máis dun ano ornaban Madrid uns cartaces publicitarios cuns coñecidos individuos da Villa y Corte ( como presentadores de Telemadrid ), que sostiñan nas súas mans un grande espello que reflictía as rúas da capital do Reino. A campaña da televisión pública madrileña pagada por Esperanza Aguirre levaba escrito un lema: “Espejo de […]

Antisemitismo

Viena. Xaneiro. Neva nas rúas, vento forte e frío. Un bonito café ateigado de xente tomando chocolate moi quente. Dous xudeus érguense da mesa, pagan e diríxense á porta de saída. Ao saír deixan a porta totalmente aberta. A xente berra: “Hei, cabróns, pechade a porta”. E un xudeu dille ao outro: “escoitas a eses […]

Vida e arte

Hoxe polo serán escoitaba en RNE unha enquisa feita entre ouvintes da emisora verbo a influenza que poida ter a mala vida dos artistas na valoración que fagamos nós despois da súa arte.De fondo escoitábase unha canción de Bertrand Cantat, o homicida da filla de Trintignant, que agora volve andar ceibo. O saber que a […]

Saída, 2ª parte

Un amigo comentábame hai poucos días do malestar non disimulado que entre colegas do mesmo partido (PSOE) e goberno suscitaba un conselleiro da Xunta por unha relación persoal que viña ( ou ven, dame igual para o caso ) mantendo cunha socia enemiga.A causa da incomodidade é absurda e descrebe ben ( realmente moi mal […]

Saída

A flexibilidade da teoría do paisano ( dúas veces ) de Kennedy, Albert Otto Hirschmann da “saída, voz e lealdade”, implica que poida aplicarse non só a estructuras institucionais ou empresariais senón a case tódolos colectivos de persoas que comparten, aínda que sexa durante un pequeno intre, un mesmo obxectivo común.É probable que ese esquema […]

Un taxi pola mañá

Caían as folerpas sobre a miña cabeza hoxe pola mañá. A rotura do damper do cigoñal do coche obrigoume a tomar un taxi que me levara ata o traballo. E desde Área Central ata o choio tiven tempo de discutir co taxista.O caso foi que o choffeur, azuzado polas verbas de Soraya que saían da […]