Idioma

Dúas consideracións sobre o idioma e a inventada problemática destes últimos meses. Ao meu gusto, moi interesantes as dúas.Un deles é sobradamente coñecido polo que non necesita presentación. Góstame o que di e cómo.O outro e un dos comentaristas habituais do blog de “Javier” Escolar, que se di galego castelán falante. Paga a pena a […]

Do prestixio

O prestixio profesional é cousa ben delicada. Trabállase durante anos e esforzo, pérdese nunha hora desgraciada. O prestixio é cousa tanto de persoas coma de empresas. Cando se perde adoita non ser recuperable.Cando era eu moi neno a auga mineral máis importante de España, con moita diferenza, era “Agua de Solares”. Agora non existe pegada […]

Queremos tanto a Julio

Vintecinco anos sen Cortázar. “Apenas él le amalaba el noema, a ella se le agolpaba el clémiso, y caían en hidromurias, en salvajes ambonios, en sustalos exasperantes. Cada vez que él procuraba relamar las incopelusas, se enredaba en un grimado quejumbroso y tenía que envulsionarse de cara al nóvalo, sintiendo como poco a poco las […]

Eluana

Sobre o caso Eluana teño dúas dúbidas e unha certeza. Dúbidas:a) Levaba Eluana morta dezasete anos e fóiselle adiado ata estes días o tempo da súa sepultura?b) Morreu Eluana agora e durante dezasete anos foi diariamente torturada? Certeza: Eu asocio Italia co probablemente o país máis fermoso do mundo, con xente encantadora que ri cando […]

Sendero Luminoso

En días coma onte, domingo de simpáticas concentracións en Compostela, non deixo de pensar en Sendero Luminoso, alcume dun penoso médico barbudo orixinario de terras andinas, con traballo primeiro na Nosa Señora do Cristal e despois en Piñor, haberá xa vinte anos. Berraba ás velliñas: “hábleme en cristiano, señora, hábleme en cristiano”.