O nacionalismo galego.

“Búscanse homes para viaxe perigosa. Salario pequeno. Frío intenso. Longos meses de completa oscuridade. Perigo constante. Dubidosa volta a casa. Honra e recoñecemento só de ter éxito.” “Men wanted for hazardous journey. Small wages. Bitter cold. Long months of complete darkness. Constant danger. Safe return doubtful. Honor and recognition in case of success”.Ernest Shackleton.

Un Reitor para un País

No salón de actos da Facultade de Veterinaria de Lugo está aberta estes días unha excelente exposición sobre un dos rectores máis importantes e á vez máis descoñecidos da historia da USC: Alejandro Rodríguez Cadarso, médico e político, morto en accidente de circulación en Lubián en 1933 cando ía ao Congreso dos Diputados en Madrid.A […]

Bágoas

Sigo escribindo sobre Óscar Wilde. Non sei que estranos mecanismos arrincan ao ler (tradución automática ao galego) os contos de Wilde que ao seu remate véñenme bágoas aos ollos, que eu tento disimular para que os nenos non se enteren. Refírome ao “Príncipe feliz” ou ao “Xigante egoísta“, como me pasou onte na aldea.Hoxe descubro […]

60 anos

O 19 de marzo de 1949, xusto 60 anos atrás, meus pais casaron na igrexa parroquial de Reza, ao carón de Ourense. Foi voda dupla, pois tamén casou a irmá maior da miña nai. Segundo escoitei eu algunha vez, de seguido marcharon os protagonistas dos casamentos e os seus convidados a xantar a casa familiar […]

10 e 11 de marzo

Nestas datas, tódolos anos, ofrezo un regalo virtual.Silvio Rodríguez recende a bacharelato, a primavera en Vigo, a ceos azuis.Non son quen de o escoitar moitas veces seguidas porque, non sei ben a causa, vaime levando ao territorio da tristeza.Pero de cando en vez está ben voltar ao tempo das ilusións, da rebeldía e da curiosidade […]

Óscar Wilde

Óscar Wilde deixou escrito: “Un sorriso é o mellor xeito de iniciar unha relación pero tamén sen dúbida é o mellor xeito de rematala.” Acho de menos ese sorriso nos trámites de divorcio entre a parella que desde o domingo van continuar o seu camiño por separado. E como moitas veces as persoas xurídicas respostan […]

Eusebio

Eusebio, non o mellor futbolista portugués de tódolos tempos, senón un futbolista vallisoletano que en dous anos en Balaídos foi o precursor dos mellores anos celestes. Excelente futbolista, un cerebro en constante funcionamento. Ogallá sexa tan bo adestrador coma xogador. Falta fai.

A autoridade do fracaso

A autoridade do fracaso propio: A primeira vez que fun votar achegueime ao Conservatorio de Vigo, o antigo fogar de Moisés Álvarez, un chalet bunkerizado no Castro de difícil descrición arquitectónica, e deixei meu voto sobre un referéndum “de entrada non” pero de saída tampouco, que fora pertinentemente glosado por Javier Krahe en “Cuervo ingenuo”. […]

Estratexia Hamilton

Non son experto en Fórmula Un pero seica hai dous anos as cousas foron máis ou menos así: Dous corredores ( Hamilton e Alonso ) co mesmo coche, e un terceiro ( Raikonnen ) enfronte deles e cun coche tradicionalmente máis veloz pero en aparente horas baixas. Hamilton vai de líder no Campionato e aproveita […]

Antes de ir votar

Aproveito un intre antes de ir votar para consignar un par de apuntamentos que despois, no balbordo de números, ficarán esquecidos para sempre:a) Pro Bugallo: Ánxela Bugallo foi unha notable conselleira de Cultura e Deporte. Áchoa de menos: coido que fixo unha boa xestión en xeral, moi boa no caso do eido deportivo, e desexaría […]