Referente moral

Nun descanso durante as xornadas que se están a desenvolver periodicamente e ata maio na Universidade de Santiago de Compostela sobre o xadrez como recurso didáctico e pedagóxico, ideadas e desenvolvidas polo maior mestre que temos en Galiza deste deporte, o vagalumeiro Veiga Goy, coñecín a un ponente arxentino que – falando galego! – fixo […]

Desaparecida en casa

Dende que apareceron por casa os dous libros disponibeis de Stieg Larsson, os nenos quedaron sen nai, totalmente absorta na novela, caneando horas ao sono e comendo rápido para gañar os minutos precisos que lle permiten rematar a pequena pero inmensa droga gozosa e gorentosa da lectura.Teño a encomenda perentoria de lle conseguir o terceiro […]

Ortiz

Entérome da morte de Javier Ortiz xusto antes de xantar, ás tres da tarde, cando o amigo B. ofréceme as súas condolencias polo que sabe vai ser do meu desagrado. Entristéceme o día enteiro, e o chegar a casa á noitiña, mentres o Barcelona non é capaz de furar a arañeira do Chelsea, pescudo na […]

Arcaico o tempo. Paulino Vázquez

Saio da Praza do Toural cun agasallo na man, xentileza de Fausto Isorna. Trátase do libro editado por Galaxia: “Arcaico o tempo que respira”, poemario do amigo Paulino Vázquez.Na casa, polo serán, escollo ao chou un poema, e a ouvinte exclama: Qué bonito!Coñezo a Paulino dende hai moito tempo, temos en común unha aproximación respectuosa […]

Xogos populares: c) A chave

A chave. Nos seráns dos días de festa, o ferro canta en Velle a súa cantiga. Non é o bater isócrono das forxas nen é tampouco o tanxer das campás. É un soar caprichoso, agudo unhas veces e, outras mais rouco e afogado, que xurde do interior dos casares e que trai á lembranza de […]

Xogos populares: b) A porca

A porca. Outros dos xogos que xa non se practican e dos que somente dan razón os vellos, que coiles se divertiron na súa mocedade, son a porca e o ferro. A porca xogábana dez ou doce home providos todos de mocas de pau e carballo ou de érbedo. Pra xogar dispúñanse en circo, deixando […]

La buena estrella

Marabillosa película e inesquecibeis interpretacións de Resines, Verdú e Mollá.A guionista ven de ser nomeada Ministra de Cultura do Reino de España.Que teña sorte.

Hooligans da política

Estou absolutamente perplexo da falta de resposta por parte da fiscalía ás manifestacións non desmentidas de José Luis Baltar o domingo ao Xornal.Penso que, lamentablemente, moitos dos votantes da dereita son hooligans acríticos, no sentido que independentemente do que fagan os cargos públicos do seu partido, van seguir merecendo a súa confianza votación tras votación, […]

Doping tecnolóxico

Hai bastante tempo que apareceron en min dúbidas sobre o que debe aparecer na definición de doping punible polas autoridades deportivas, como consecuencia das sancións impostas a deportistas polo consumo de sustancias que non tiñan vinculación algunha coa mellora artificial do rendemento deportivo. Refírome aos casos de Deferr en ximnasia, Domínguez ou Hingis en tenis, […]

Xogos populares: a) A billarda

A billarda:Xógase con dous paus, un diles curto e ao que se fan puntas nos dous extremos, que é o que recibe, propiamente o nome de billarda, e outro, bastante mais longo e recto, que se chama o palan. O fundamental do xogo consiste en pousar a billarda no chan, en baterlle co palan pra […]